TRABALLAMOS POLA NATUREZA.

NA ESCOLA DE CRUCEIRO TRABALLAMOS MOITO CA NATUREZA. Tania.5 anos.

COIADAMOS MOI BEN AS PLANTAS. PLANTAM0LAS E REGAMOLAS.Laura.5 anos.

SEPARAMOS TODO O LIXO.Lia,5 anos.

BOTAMOS O PAPEL A RECICLAR.Desi,4 anos.

BOTAMOS OS REST0S DA FROITA  NO COMP0STEIRO.Irene,4 anos.

FACEMOS O TALLER DE RECICLAXE.Eva,5 anos

VIXIAMOS QUE NON HAXA LIXO NO PATIO.Joel,5 anos

Traballar con Voz Natura coidando e aprendendo da natureza é doado. Jose Antonio visítanos, transmítenos o seu entusiasmo e anímanos a seguir e nós facemos o que xa tan ben sabemos facer: separamos o lixo, elabormos abono, contribuímos ó reciclaxe dos plásticos, papel de aluminio e papel e cartón, renovamos o xardín, coidamos das plantas, observamos os cambios na natureza e reutilizamos un montón de envases e outro material no noso obradoiro semanal. Fai xa algúns meses realizamos un " documental " onde explicabamos todo o que facemos na escola para coidar a natureza. Gustaríanos podérvolo amosar algún día neste portal.

                           

  

   

Ademáis, este curso visitáronnos dúas monitoras do Concello de Rianxo. Faláronnos dos " tres erres " ( reducir, reciclar e reutilizar ) e representaron un conto que nos fixo sentir pena e preocupación ó principio, cando os contedores de lixo enfermaban por ter todo misturado, e moita alegría ó final cando a súa amiga foi quen de aprenderlle á xente a separar o lixo nos distintos contedores. Tamén nos aprenderon a convertir botellíns de auga nunhas estupendas maracas e non puidemos rematar a sesión de outro xeito: bailamos e tocamos ó ritmo dunha alegre peza musical!.

  

  

PARA TANIA, LAURA, LÍA E DESI

OLA

TANIA, LAURA, LÍA E DESI.

GÚSTAME MOITO O QUE DECIDES

DA NATUREZA.

COIDÁDELA MOITO

DECIDES QUE COIDADES PLANTAS.

DECIDES QUE AS REGADES

QUE PLANTAS TEDES??

COMO SE CHAMAN??

tobías bicos  Avergonzado

TEMOS PLANTAS NA CLASE E NO

TEMOS PLANTAS NA CLASE E NO PATIO.Alex

CHAMANSE:ALEGRIAS,XERANIOS,XAZMIN,VERBENAS,ARCES,............Ivan

UN BICO.Yaiza

Chulo         Burla        Forrado