Inicio foro

Ola, compis. son Sol.

Esta tarde falamos na reunión da posibilidade de empregar foros no noso portal como un medio de intercambiar experiencias, dúbidas e consellos.

Agora mesmo estou facendo unha proba. Realmente está creado o espazo "foro"?.  E funciona?

Haberá que comprobalo!!

Probamos?

Pode ser que funcione

Como isto é unha proba, vou contestar tamén eu.

Mañá direille, por exemplo, a Paula que probe a participar ela tamén.

Tamén hai que comprobar que é visible só para os usuarios.

Ata a próxima, Sol

Creo que sí funciona

Ola, continúo coa túa proba, ata aquí cheguei, doado. Vou a ver se son capaz de  meter outros temas.

                        Paula

Primeira intervención

Ola,

 

Pois parece que funciona.

Agora temos que empezar a utilizalo.

 

Riendo

 

Rubén

Portatil para apoio A.E.

Ola Rubén, aquí vai o primeiro tema.

Collín o portátil que ata agora estaba asignado a orientación para llo pasar a Sara, pero dame a impresión de que vai aínda máis lento que antes e podería ser que non resultase moi operativo.

Habería que formatealo?

E agora o segundo: temos pendiente pasarche un notebook para que lle botes un vistazo antes de asignalo a orientación.

Dámosche moito traballo??

Un saúdo.

Sol

Ola Sol, En contestación

Ola Sol,

En contestación á primeira pregunta, eu formateei o meu que é dos vellos e de momento vai moito mellor...  Terei que formatealo

O luns vótolle un vistazo ao notebook


Aproveito para probar a ferramenta de insertar imaxes e vos presento a Alicia. A ver si vai:

Un saúdo

Rubén

 

 

Bonitiña como un sol

Rubén, vexo que tendes unha filla bonitiña como un sol! 

Noraboa a toda a familia.

Por certo, ó ler a túa resposta comprobo que cometín un pequeno fallo en canto ó léxico, algo maior no tecnolóxico: o que temos a disposición de orientación é un netbook, non un notebook.

Ata a semana!