O proceso de admisión

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN:  Do 1 ao 20 de Marzo.

 LUGAR DE PRESENTACIÓN: Na sede do Centro, en Atalaia Asados, (antigas escolas de Asados).

 HORARIO DE ATENCIÓN:De luns a venres entre as 9:00 e as 14:00. Os martes de 16:00 a 18:00

 DOCUMENTACIÓN:

 1.- Solicitude de Admisión asinada polo pai e pola nai

 2.- Fotocopia do libro de familia, partida de nacemento ou documento de identidade do alumno/a, (traer orixinais para cotexar).

 3.- Certificado de empadroamento municipal.

 4.- Calquera outra que se requira.

 Só se pode presentar unha solicitude por alumno/a. No caso de optar a máis dun centro, a solicitude presentarase no centro ao que se opta en primeiro lugar, indicando por orde de preferencia os outros centros aos que se opta.

A solicitude tamén se pode presentar en formato electrónico en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

MAIS INFORMACIÓN EN:

Tfno: 981863305. Correo: cra.rianxo@edu.xunta.es, ou en: http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/