CASTELO DE SOUTOMAIOR

O Mércores 17 de Abril visitamos o Castelo de Soutomaior.

Levábamos taaaaaanto tempo agardando!!!

Coa visita xa programada informáronnos de que

actualmente o Castelo non conta con monitores

que guíen as visitas.

Sen dúbida, esta foi unha moi mala nova,

pois somos moitos e a organización por parte

de guías ou monitores facilita o desenvovemento

das actividades nas que participamos.

Nese momento pensamos que xa non sería viable,

pero a profe Celia

(coordenadora de actividades complementarias)

non se desanimou e ofreceuse a preparar a visita

e xunto co profe Rubén facer de guías

para que a actividade puidera sair adiante.

Nós, que levamos tanto tempo traballando

sobre os castelos, queremos agradecerllo moi especialmente!!!

Co problema dos guías solucionado,

a choiva tivo que facer das súas

e obrigarnos a agardar unha semana máis.

Superados todos os contratempos,

finalmente realizamos a visita:

ENCANTOUNOS!!!

e volvemos a Capela

cun montón de fotos para o noso libro dos castelos.

VISITAS

En xeral veñen encantados con tódalas saídas que fan pero a do castelo para Xoel foi especialmente instructiva, fartouse de falar do patio de armas, a torre de homenaxe, os xardíns con flores e estanques con peixes, espadas afiladas de ferro, o trono do rei, portas elavadizas, fosos sin auga, etc...

Gracias por facelo posible! Guay

Moitas grazas a vos!

Ola estou moi contenta de que vos gustase tanto a visita ao Castelo de Soutomaior, o profe Ruben e máis eu o fixemos o mellor posible. Ao grupo de Capela Infantil lle tocou comigo, e quería decirvos que tratei de explicarvos as cousas o mellor posible e con toda a ilusión do mundo, vos portástedes de marabilla e me encantou ser a vosa guía, cando ese libro dos castelos estexa rematado, quero velooo! Moitos biquiños para todos e todas, e moitas grazas por seredes tan marabillosos e tan especiais. Quérovos moito!