Coas letras da Paz

Como cada ano o 30 de xaneiro se conmemora o Día Mundial da Paz e da non Violencia. Este ano os nenos e nenas de Relixión do CRA decidimos profundizar no significado da celebración deste día por medio dunha poesía titulada Coas Letras da Paz  que vos mostramos a continuación:

En asamblea realizamos a lectura da poesía e reflexionamos a cerca do seu significado e da importancia que ten o concepto da Paz non só para o bo funcionamanto da nosa sociedade senón tamén para a do mundo enteiro. Para rematar decidimos elaborar un mural que tivera como centro a poesía e o decoramos coas tres letras que forman a palabra PAZ. Aquí vedes uns exemplos de como nos quedaron:

  

 

 

Nesta actividade aprendimos moitas cousas do concepto de Paz tanto por ser un dos máis importantes valores cristiáns como por ser un dos dereitos fundamentais do ser humano.Traballamos a Educación para a Paz, a Educación para a Igualdade e a Educación Moral e Cívica,  e desenrolamos a nosa competencia social e cidadá a través do traballo en grupo: traballamos xuntos, reflexionamos xuntos, axundámonos uns aos outros , compartimos o material ... Se queredes ver como o fixemos a continuación vos mostramos as galerías de fotos. Como somos moitos desta vez a profe Celia decidiu facer 3 tandas, podedes velas todas ou só na que apareza a vosa escola favorita:

Galería 1: escolas de Capela, Vacariza e Outeiro

 

Galería 2: escolas de Cruceiro, Quintáns e Cuvide

 

Galería 3: escolas de Pazo, Abuin e Rañó

 

 

Bueno esperamos que vos gustasen os nosos murais, dende aquí os nenos e nenas de Reli do CRA só vos queremos desexar un moi bo Día da Paz 2013 a todos e a todas, e como adoitaba decir Xesús "Que a Paz sexa convosco". Moitos biquiños e ata a próxima.

FELIZ DÍA DA PAZ DENDE VACARIZA

Ola gustáronnos moito os vosos carteis da Paz. queremos que vos guste moito o Entroido, e que o pasedes moi ben o día da Paz, moitos bicos e apertas con filloas e orellas e chocolate, vos queremos moito

os vosos compañeiros e compañeiras de Vacariza

FELIZ DÍA DA PAZ DE CAPELA PRIMARIA

Ola somos os nenos e nenas de Capela Primaria gracias por mandarnos estas mensaxes tan preciosas, esperamos que veñades todos e todas ao Entroido que se celebra na nosa escola, nos gustaron moito os vosos traballos da Paz. No Entroido haberá filloas e orellas con moito azucre e chocolate para quen o queira.Vos queremos moito, vos desexamos que o pasedes moi ben neste día da Paz, firmado os preciosos nenos e nenas de Capela incluidas as profes. Vos mandamos moitos abrazos, ositos de paz, e moitos bicos. Ata o Entroido que xa falta pouquiño.

SAÚDOS DOS NENOS E NENAS DE CAPELA INFANTIL

Ola Feliz día da Paz! Hoxe é o Día da Paz, vémonos no Entroido que estades todos invitados a nosa escola, os vosos papás e vosos avós tamén. E tamén as mamás e as abuelas. Queremos mandarvos a todos os compañeiros e compañeiras do CRA unha mensaxe de Paz e de agasallos e tamén de Amor, que sexa un recordo moi bonito. Gustáronnos moito os vosos traballos da Paz que son moi bonitos. Moitos bicos, apertas e amor dos vosos compañeiros e compañeiras de Capela Infantil. Adeus

Feliz día da Paz dende Outeiro

Ola son Tahira a nena de Relixión de Outeiro, a todos os nenos do CRA bos desexo moi Boas Paces, seguide os vosos corazóns e máis á Pomba da Paz. Moitas apertas, bicos, abrazos e moitos ositos da Paz. Ata Logo

SAÚDOS DE CRUCEIRO B

FELIZ DÍA DA PAZ! Moitos biquiños, moitas apertas, vos queremos moito e son moi chulos os vosos traballos. Xa nos vemos pronto no Entroido. Queridos compañeiros e compañeiras do CRA queremos que crezades moito. Bicos, bicos bicos!

Saúdos dos nenos e nenas de Cruceiro A

Feliz día da Paz a todos e a todas, gustáronnos moito os vosos carteis, e xa vimos como traballastedes tanto. Moitos, moitos bicos e Feliz Día da Paz!