ANIMACIÓN LECTORA

NA BIBLIOTECA DO C.R.A. DE RIANXO ESTANSE A DESENVOLVER DISTINTAS SESIÓNS DE ANIMACIÓN Á LECTURA DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS DOS NOSOS ALUMNOS.

DESTA VOLTA, DANIEL QUIXO ABRIR A SÚA BIBLIOTECA ÓS PRIMEIROS RESPONSABLES DA INTRODUCIÓN DOS NOSOS PEQUENOS NO MUNDO LECTOR.


DANIEL SÁBECHE MOI BEN O QUE FAI...!

ver

O pracer da lectura

Que bonitas sesións

Moito me gustou participar nestas sesións. Espero que haxa máis o ano que ven

Moitas grazas, para min foi

Moitas grazas, para min foi un auténtico pracer compartir estes tres días con vós arredor dos libros, da lectura pracenteira. Ogallá contribuira a espertar no voso interior o desexo de contar, cantar e encantar ás vosas crianzas. É o mellor camiño para achegarse á lectura , o único desexable . Xa sabedes, este verán visitade as librerías, as bibliotecas; Daniel xa vos fixo unhas propostas orientativas, pero hai moitas máis que iredes descubrindo por inicitiva propia.

Esperemos que a Consellería sexa sensible á dinamización das Bibliotecas e poidamos contar con horas  no noso horario para preparar as sesións da mellor maneira posible. De non ser así sería inviable levar a cabo este tipo de sesións.

Por certo, cando fagades algún comentario, agradeceríavos que puxerades o voso nome e de quen sodes familia para poder poñer rostro ao comentario.

     Unha aperta,

                             María