blogue deadmin

Somos ECOLOXISTAS!

Para rematar o proxecto deste ano "MONTE VIVO" os nenos e nenas da escola de Capela fixeron un videoclip para lembrarnos da importancia do coidado do medioambiente.

SEXAMOS ECOLOXISTAS!

 

Música: "Ecoloxistas" de Pablo Díaz

 

Día mundial do medioambiente

Que mellor forma de conmemorar o día mundial do medioambiente que facendo unha ruta pola zona da Ermida e coñecendo da man de Emilio a flora e a fauna da beira do río Te. Aprendemos moitas cousas das sobreiras, ameneiros, madreselva, bagoas de San Xoán, cortadeiras, ras, zapateiros, ...

Aproveitando a saída visítamos o muíño da Veiga, propiedade da familia de Martín Pan aos que lle agradecemos as explicacións e a super merendola que nos prepararon.

Moitas grazas!

 

Revista Escolar Curso 2022-2023

Clica na imaxe para ver o contido.

Semana do Libro

Conmemoramos a Semana do Libro con actividades e xogos como contacontos coas familias, elaboración de marcapaxinas, os nosos contos favoritos...

Xornada de Polideportivo e Actividade "Ti si que es un bo peixe"

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Hoxe tivemos unha xornada moi bonita. Os nenos e nenas de todas as escolas fomos en autobús ata Rianxo. Alí o profe Mario preparounos uns xogos moi divertidos no polideportivo e Roque con Uxía explicáronnos moitas cousas sobre os peixes e os mariscos.
 

Xornada de Convivencia co IES Félix Muriel

Aquí vos deixamos unhas fotiños da marabillosa xornada de convivencia co IES Félix Muriel.

Moitísimas GRAZAS!

ÐÍA Internacional da Muller

Rozalen "La Puerta Violeta"
 
Distribuir contido