Blogues

95 aniversario Escola Rosalía de Castro

CLICA NA IMAXE

 

MERCADILLO SOLIDARIO: COLABORA NA CREACIÓN E XESTIÓN DO NOSO COMEDOR ESCOLAR

 

https://www.diariodearousa.com/articulo/o-barbanza/escuela-infantil-rosalia-castro-campo-pazos-taragona-celebrara-miercoles-95-aniversario-4869030

Por fin chegou o gran día no que non faltou de nada, obradoiros de pompas, herbas de San Xoán, xogos populares e taumatropo, música e por suposto comida.

 Queremos agradecer a implicación da escola e familias polo traballo realizado, así como de todos os asistentes á gran festa.

 

 

 

Día Mundial do Medio Ambiente: Fálalle de Min

FÁLALLE DE MIN. A Praia de Pereira Torta próxima ó areal do Porrón está nunha situación de contaminación extrema. O primeiro día en achegarnos foi o martes e levamos 2 días, a iniciativa do propio alumnado, limpando a cantidade infinita de plástico acumulado. O alumnado está moi concienciado e expresou a súa preocupación. Queremos pedir a colaboración do @cra_de_rianxo, da cidadanía de Rianxo e a do @concelloderianxo e @julian_bustelo para que nos boten unha man nesta campaña. A Escola de Abuín quere falar alto e claro desta situación para que non quede no esquecemento. Prégase compartir a publicación e se é posible sumar máis grans de area nesta acción para o coidado do noso medio natural.
 

Visita do alumnado de novo ingreso

Xornada na Escola de Capela

                                                  

Visita á Casa das Ciencias e ó Planetario

O venres fomos ata Coruña para pasar unha xornada moi divertida e aprender un montón de cousas novas Risa.

Visita á granxa da señora Isabel

Os nenos e nenas da escola de Capela foron dando un paseo ata a granxa da señora Isabel que está moi pretiño da escola onde aprenderon un montón de cousas además de pasalo xenial.

Moitas grazas!!!

Visita ao C.E.P Xosé María Brea Segade

Hoxe, o alumnado que remata a andaina no C.R.A de Rianxo (da zona de Araño e Taragoña), tivo a oportunidade de coñecer o que vai a ser o seu colexio durante os próximos cursos.

Grazas ao alumnado e profesorado do C.E.P Xosé María Brea Segade pola acollida e por facer defrutar tanto ao noso alumnado nesta xornada!

COUSIÑAS DO NOSO CRA 23-24

Xa temos a revista deste curso escolar , pinchade na imaxe !

Distribuir contido