blogue deadmin

Sesión formativa: OAOA

Parte do noso claustro formouse hoxe con Marcos Marrero no CEIP Plurilingüe Santa María do Castro nas matemáticas manipulativas e divertidas OAOA.

Carta de Daniel

Esta semana recíbimos nas escolas do CRA unha carta moi especial:  é de Daniel. Si queredes saber que nos conta clicade na imaxe

.

Magosto na Escola de Cruceiro

Este curso non nos poidemos xuntar para celebrar O MAGOSTO todas as escolas do CRA así que nos xuntamos cada dúas escolas. Aquí podedes ver que ben o pasamos as escolas de Cruceiro e Cuvide.

Grazas as familias do CRA por toda a axuda prestada e as merendas tan ricas que nos preparastedes.

Festa do Samaín

Aquí deixamos unha pequena mostra das actividades levadas a cabo nalgunhas das escolas do CRA.

 

Samaín 2023

Formación en primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias.

Hoxe acercouse á escola de Pazo unha médica do 061 para ensinarnos técnicas de primeiros auxilios e como actuar ante unha posible urxencia sanitaria.

Comeza o Club de Ciencia 23-24

O vindeiro mércores 25 de outubro de 2023 comezará o club de ciencia no local social de Asados (ao lado da sede do CRA).

Organizarémonos só en dous grupos que virán a todas as sesións que haxa do club de ciencia.

- Grupo 1: infantil das escolas de Abuín, Capela, Cuvide, Outeiro, Pazo e Quintáns. Horario de 16:00 a 17:00

- Grupo 2: infantil das escolas de Cruceiro e Rañó; e primaria das escolas de Capela, Rañó, Quintáns e Abuín. Horario de 17:15 a 18:15.

Datas das sesións 1º trimestre: 25/10, 08/11, 24/11, 13/12.

A volta do Nadal teremos club de ciencia o 10 de xaneiro.

Distribuir contido