O Val, Domirón, Pedroso, San Mateo, Castro, Sedes

VEXO VEO XACOBEO

 

O VENRES, DÍA DE 10 FEBREIRO, @S NEN@S DE INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA TIVERON UNHA XORNADA DE MOTIVACIÓN DUN CONTACONTOS PARA INICIAR O PROGRAMA VEXO VEO XACOBEO

       
            

BO CAMIÑO

 

DÍA DA PAZ

O 30 DE XANEIRO OS NENOS E NENAS DO VAL XUNTÁRONSE PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ E INTECAMBIAR "UN BICO POR UN VERSO". E COMO DÍ A CANCIÓN, O MUNDO E GRANDE!

 

CONTACONTOS COMIGO

Esta semana tivemos a sorte de que nos visitaran familias nas tres clases, facéndonos pasar un bo ratiño escoitando os contos seleccionados.

                                                                                            

                                        

                                                                            

 

DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Aquí un resumo do traballo realizado ao longo da semana para conmemorar o día Escolar da Paz e da non violencia.

 

CONTACONTOS COMIGO

Este ano xa comezamos no mes de Xaneiro  coa colaboración das familias para desfrutar dunha actividade tan enriquecedora como é compartir un conto coa clase do seu fillo ou filla. Estamos encantadas de recibir a estas familias voluntarias e, moito máis, os peques que se sinten protagonistas  nese día.     

       GRACIÑAS A TODAS AS FAMILIAS COLABORADORAS!!

                                       

                                

                            

Instalación: Coñecendo a Matisse

Nun recanto da aula inferior, creamos unha instalación de arte adicada a Matisse. Fomentamos así un espazo de aprendizaxe da súa vida e obra cos aspectos máis significativos das mesmas.

Grazas a ela coñecemos o seu nome, algúns dos seus cadros, recortamos como Matisse e creamos con pinceis como o autor.

Obradoiros de Alimentación saudable

Ao longo destas semanas visitounos Jessica para falarnos de cousas moi interesantes sobre os alimentos e a alimentación. 

Con ela repasamos e aprendimos nomes de froitas, verduras, cereais, e tamén falamos sobre cantidades e de alimentos bons e menos
bons. Todas unhas aprendizaxes moi necesarias para a nosa saúde.

 

E que mellor forma de rematar que con un batido frutas que estaba para chupar os dedos.


Facemos unha galletas de medo

Para o taller de cabazas coas familias decidimos cociñar unha galletas de medo. Pasamos momentos divertidos coas formas e a decoración, sempre tendo en conta de rebaixar os niveis de zucre para estar un pouquiño máis sans.

   
Distribuir contido