Festas
ENTROIDO
O venres foi o día de vir disfrazado de forma libre. Así viñeron as nosas nenas e nenos!
ENTROIDO - MANDATOS DO MECO
A semana do 5 de febreiro comezamos o entroido na escoliña!
O Meco mandounos traer:
- Luns: un pano na cabeza
- Martes: un parche no ollo
- Mércores: unha faixa
- Xoves: algo pintado na cara (cicatriz, bigote etc)
Este foi o resultado das nosas e dos nosos piratillas!
XORNADA DE CREACIÓN DE DISFRACES COAS FAMILIAS
O pasado martes 23 de xaneiro, nenas e nenos, familias e escola traballamos da man na elaboración dos disfraces do entroido. Unha xornada única e especial.
Grazas por vir á escola, por dar o mellor de vós, polo traballo en equipo e polas ganas e ilusión. Sodes un piar fundamental!
Celebración do Nadal
Como cada ano, as escoliñas do CRA xuntámonos para celebrar todas xuntas e xuntos o Nadal.
Unha mañá moi divertida na que desfrutamos tod@s xunt@s do espectáculo de "Orquesta Pantasma", comemos un riquísimo chocolate con churros e xogamos coas nenas e nenos das tres escolas.
Foi unha xornada chea da maxia propia do Nadal.
DESPEDIDA OUTONO
Despedimos a estación máis bonita e especial: o outono!
Dicimos adeus ás súas cores, texturas e olores para dar paso á maxia do inverno.
Gozámolo moitísimo! Instalacións, xogos, experimentación, manipulación e, sobre todo, moita diversión!
MAGOSTO
Como cada ano, as escoliñas do CRA xuntámonos para celebrar todas xuntas e xuntos o Magosto.
Sen dúbida, unha xornada moi divertida chea de xogos e momentos de conexión entre as nenas e nenos das tres escolas.
E, por suposto, sen esquecer ao fantástico Anxo Moure, que nos acompañou durante esta mañá para facela moito máis máxica e inesquecible.
SAMAÍN II
Durante a semana do Samaín, fixemos actividades moi divertidas e terroríficas nas tres aulas. Tecimos teas de araña, fixemos apócemas, experimentamos e manipulamos, limos contos e creamos o noso propio monstro entre outras moitas actividades! Sen dúbida, unha semana chea de diversión, aprendizaxe e moi pegañenta!
SAMAÍN I
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas! O Samaín chegou á escola de Domirón, cheo de personaxes terroríficos! Unha xornada inesquecible chea de diversión, desfiles, xogos e moito terror.