O Val, Domirón, Pedroso, San Mateo, Castro, Sedes
Escola de Sedes
A unitaria de Sedes tén dúas plantas: a superior utilízase para as actividades de E. Infantil, a inferior como aula de usos múltiples.
XOGOS EN FAMILIA
Novos xogos en familia na aula de 5º de infantil!
Esta vez visitáronnos Rebeca, nai de Hades, e Lorena, nai de Daniela. Trouxeron xogos como o Pintureka, Pincha al Pirata, Hungry Monster, un abecedarioo e un xogo de mesa.
Noutra xornada, tamén contamos coa visita de Linda, mamá de Bruno, e Óscar, pai de Xoel, con xogos como un memory da Patrulla Canina, Tosuo, Cabezón, El Uno (versión Cars), e o Tip Top Clap.
Unha xornada chea de xogos e aprendizaxe en familia!
AULA SENSORIAL: FONDO MARINO
Na nosa escoliña estamos de estreo!
Convertemos unha das aulas nunha aula sensorial sobre o fondo marino, na que poñer todos os sentidos a traballar.
Foron unhas xornadas moi divertidas onde as nenas e nenos gozaron e experimentaron cos diferentes materiais.
A SAÚDE BUCODENTAL- PREVENCIÓN E ACTUACIÓN
Noelia , a nai de Elsa de 4º de primaria, acudiu a escola para explicarnos que ela é dentista e a importancia da prevención para evitar problemas na boca como poden ser as caries, infeccións... Mediante unha presentación e un vídeo analizamos como tratar de evitar os problemas bucodentais, a importancia de lavar ben os dentes co cepillo, pasta e fío dental, así como as revisión períodicas ao dentista. Realizou dúas explicacións primeiro para a etapa de educación infantil e despoios para educación primaria.
Trouxo como agasallo un fío interdental para os nenos e nenas de infantil con formas de animais marinos e para primaria unhas pequenas mostras de pasta de dentes.Moitísimas grazas, Noelia!!!!
TRABALLOS DO MAR
No segundo trimestre, os nenos e nenas de educación de infantil e 3º de primaria,
tivemos a sorte de contar coa visita dos pais de Candela e Valeria e Álvaro.
Viñeron contar como é o seu traballo relacionado co mar: ESTIBADOR e PERCEBEIRO.
E tamén o deporte da PESCA SUBMARINA.
Explicaron cousas : do porto, das mercancias, da grúa, probamos os traxes, vimos os equipamentos, os aparellos...
e aprendimos moitas cousas moi chulas e interesantes.
Grazas papis, pasámolo xenial!
ESTIBADOR
PERCEBEIRO
PESCA SUBMARINA
PREPARANDO O HORTO
Onte veu Daniel, o papá de Martín, para axudarnos a preparar e inaugurar o noso hortiño.
As nenas e nenos da escola foron por grupiños a plantaron fresas, patacas, calabacíns, berzas e pementos.
Unha mañá chea de conexión coa natureza e co grupo!
Moitas grazas, Daniel!
XOGOS EN FAMILIA
Unha nova semana cheíña de xogos en familia!
Por un lado, na clase de 4 anos, acompañáronnos Marisa, a mamá de Marta, e Ingrid, a mami de Emiliano con xogos como: un memory, un xogo de pesca, Grabbolo, xogos de equilibrio con pezas xeométricas, un puzzle con visión 3D e un dominó de madeira.
Polo outro lado, na clase de 5 anos, visitáronnos Maica, mami de Marcelo, e Arantxa, nai de Thiago. Trouxeron unha yenga e xogos como Mandíbulas, Tic Tac Boom, Mono Pedorretas e Pepe Moco.
Graciñas, familias, por agasallarnos o voso tempo!
XOGOS EN FAMILIA
Seguimos cos xogos en familia!
Na clase de 3 anos tivemos a Verónica e Aldofo, mamá e papá de Lara con xogos como El Frutal e La oruga de colores:
Tamén participou Rebeca, mamá de Juana e Arturo, cun xogo de dominó:
Contamos tamén con Fany, mami de Vega e Lara, mamá de Samu, que trouxeron o Ludamino, o Lince e un xogo de mímica.
E, por último, visitáronnos Olaya e Manel, nai e pai de Manuela, e Lucía, mami de Paula, con xogos como Save the Ocean, un xogo de bombeir@s e un Dobble.
Na clase de 4 anos, visitáronnos Nuria e Javi, nai e pai de Daniela e Lucas, e trouxeron o Twistter, Atrapa la caca!, ¿Quién es quién? e Clean the ocean:
E a Paula e Diego, nai e pai de Marco, que trouxeron xogos como a oca, cubos de cara, Tozudo, Little memo e Little match.
Por último, na clase de 5 anos, viñeron Lidia, nai de Minh, e Nuria, nai de Diego, cos xogos de La Cabaña e Gestos:
E finalmente, participaron Néstor e Noelia, pai e nai de Luca; Lucía, nai de Alex; e Nuria, nai de Luka con xogos como o 4 en raia, o bingo, o ¿Quién es quién?, os gusanos locos e carreiras de caracol.
Graciñas a todas as familias por unhas xornadas cheas de diversión, mimo e ganas!