SAMAÍN NA ESCOLA (PARTE II)

Como lectura de Samaín, para axudar a afastar os medos, lemos o conto "Sacapenas" de Kalandraka, onde Bieito ten tantos medos que lle preocupan que non é quen de durmir. Para solucionar isto a súa avoa axúdalle a facer os bonecos sacapenas, típicos da cultura guatemalteca, que só con contarlle as súas preocupacións, axúdanlle a durmir ben.

Coa chegada da noite de Samaín, na Escola de Sedes aproveitamos para traballar a emoción do medo, falar sobre ela, identificala e expresala. Isto forma parte das actividades do Plan de benestar e do Programa Emociona-T.

Cada quen realizou o seu propio Sacapenas, escollendo cores, ensartando, atando e peinando.
Xa podemos durmir ben porque co noso Sacapenas..., fora medos!!!