Blogues

FIN DE TRIMESTRE

E para rematar o trimestre, unha busca do tesouro das que tanto nos gustan. 

Fixemos todas as probas, disfrazarnos, saltar e correr, cantar, e pintar para conseguir as pistas do escondite. 

Pero desta vez, fíxonos correr, porque o escondite estaba... nos Castros!!! Que pillabán!

TEXTO INFORMATIVO: A NOTICIA

Neste mes aproveitando a Semana da Prensa, na Escola de Sedes traballamos as características do Texto Informativo centrándonos na noticia, como parte da adquisición do proceso da lecto-escritura. Para que serven, en que partes se dividen, como nos explican o sucedido, como é a linguaxe ou que elementos ten que ter para que a comprendamos mellor. 

Como paso inicial exploramos o xornal cos sentidos

Ademais reflexionamos onde podemos ler, ver, escoitar noticias alén do xornal e que tipos de xornal hai en función do formato ou das noticias que conteñen. 

Por outra banda dentro do propio xornal diferenciamos as seccións e que significan todos os nomes, letras e números que atopamos.

 E con toda esta aprendizaxe xa fomos quen de facer a nosa propia portada de xornal.

CALDO DE GLORIA DE ROSALÍA, O NATURAL FRONTE AO ULTRAPROCESADO

Conmemoramos o Día de Rosalía coas familias elaborando un "Caldo de Gloria" inspiradas no poema Miña casiña , meu lar. Para isto clasificamos os ingredientes da receita, identificando as verduras, os tubérculos,os legumes e as carnes e falando das súas propiedades.

Reflexionamos sobre a importancia de comer variado e productos naturais e non os ultraprocesados e industriais en beneficio da nosa saúde.

Xa por último seguimos os pasos para elaborar o caldiño que pola tarde compartimos coas familias na Escola de Sedes.

RECICLAR TAMÉN É PARA O ENTROIDO

E coma xa ven sendo costume no CRA, sempre empregamos material de refugallo para os nosos disfraces e complementos, tanto do que temos na aula como aportado polas familias. 

Grazas de novo familias, sempre tan dispostas a colaborar!

ENTROIDADAS I

Chega o Entroido e as nosas roupas mudan, os nosos sorrisos multiplícanse e todo cobra outro sentido. 

Mandados do Meco, xogos de pistas, disfraces e bailes, marcaron a nosa semana máis argalleira.

OBRADOIRO DE CORRESPONSABILIDADE

Durante este mes de Xaneiro a alumnado de 6ºde EI das Escolas de Domirón e O Val e a Escola de Sedes, asistiron ao Obradoiro de Corresponsabilidade ofertado polo Concello de Narón. 

Ao longo destas catros sesións concienciáronse, grazas a Raquel, da necesidade dun reparto equitativo de tarefas, da visibilidade da maior carga de traballo doméstico e de coidados nas mulleres e no importante que é que nos coidemos entre nós.

Que bonito aprender isto de forma tan divertida!!

ESPAZOS CON IDENTIDADE

Neste trimestre comezamos cun novo espazo na aula. Aproveitando a temática do mar introducimos unha nova metodoloxía como son as Instalacións de Xogo. Espazos que contan con vida propia, nos que, cada día, aínda cos mesmos elementos, transfórmanse en vivencias diferentes, sempre dependentes de quen as explora. 

Estes espazos nacen co propósito de ser vividos desde múltiples experiencias e esta primeira semana estanos a ensinar que así vai ser.

NO 2024, CONTAS

Xa que están a punto de vir O Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos, velaquí vai a nosa recomendación lectora para este Nadal. 

Non esquezades que un libro é o mellor agasallo!!

 

Clica na imaxe para ver mellor os libros e as súas reseñas

          

3 DE DECEMBRO: E TI, COMO O VES?

Grazas á colaboración da Asociación Nosa Señora de Chamorro, achegamos ao alumnado do CRA ás persoas con Discapacidade Intelectual. 

Para isto visualizamos a presentación e o conto sobre as persoas con discapacidade e puxemos os lentes de ver con tolerancia, inclusión e aceptación. 

E TI, COMO O VES?

 

3 de Decembro: E TI, COMO O VES? de Berta

25N: CONTRA A VIOLENCIA, VERBAS DE CORAZÓN

Este 25 de Novembro amosamos aos nenos e nenas do CRA algunhas das consecuencias da violencia de xénero, como a tristeza, a través do conto Artur e Clementina de Adela Turín de Ed Kalandraka.

Despois cada quen creou a súa propia tartaruga cunha palabra que garadaría sempre no corazón para combater así a tristeza.

Quedaron todas moi bonitas.

 

 

Distribuir contido