Domirón
CUMPLES DE NOVEMBRO
NO MES DE NOVEMBRO CELEBRAMOS CUMPLES NA CLASE DE 3 E 5 ANOS...
MOITOS PARABÉNS PARA MANUELA E CARLOTA!
25 NOVEMBRO
25 DE NOVEMBRO
Ao longo de toda a semana realizamos varias actividades para conmemorar esta data sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO e a NON VIOLENCIA.
Comezamos a semana facendo,en cada clase, unha chuvia de ideas sobre aquelas palabras e accións relacionadas coa violencia e que non nos gustaban nada ter presentes. Unha vez feita a recopilación, cada neno e nena ía escollendo a que quería escribir nunha mascarilla.
Ao día seguinte, fixemos o mesmo pero pensando en accións ou palabras bonitas que nos gustaría escoitar e dicirlle a aquelas persoas que queremos. Cada neno e nena tamén escollía a que máis lle gustaba e a escribía nunha tirita que taparía a palabra relacioanda coa violencia.
Aquí podedes ver o resultado do traballo que fixemos ao longo destes días:
3 ANOS 4 ANOS
5 ANOS
E outra das actividades que fixemos foi a PORTA DA IGUALDADE, onde cada nena e neno puxo un laciño co seu nome, dándolle así unha cor a nosa porta e representando que nesta escola somos TODAS E TODOS IGUAIS.
CUMPLES DE OUTUBRO
ALGÚNS CUMPLES DO MES DE OUTUBRO FORON CELEBRADOS UN POUQUIÑO MÁIS TARDE DO HABITUAL PERO NON POR ISO IMOS DEIXAR DE FELICITALOS.
MOITOS PARABÉNS PARA OS CINCO NENOS E NENAS QUE CUMPLIRON UN ANO MÁIS!
PARABÉNS DELIA! PARABÉNS LUCAS!
PARABÉNS AITANA! PARABÉNS MARTIÑO! PARABÉNS ANTÍA!
SAMAIN
Nos últimos días a nosa escola estaba terrorífica coa decoración do SAMAIN pero o venres todavía foi máis aterrador xa que nos visitaron esqueletes, morcegos, pantasmas, bruxas, catrinas.. e fixeron que pasáramos un día moi divertido!
BOTAMOS DE MENOS AOS COMPIS DE 4 ANOS, PERO PRONTO ESTARÁN DE NOVO NA ESCOLA E TAMÉN TERÁN A SÚA FOTO TERRORÍFICA.
O OUTONO EN DOMIRON
Así de bonita nos quedou a exposición do outono con todas as cousiñas que trouxeron os nenos e nenas. Primeiro fixemos unha clasificación, onde cada neno/a puxo as súas cousas no lugar correspondente, despois fixemos unha selección dos materiais e por último os de 4 e 5 anos escribiron as etiquetas para recordar como se chama cada cousa.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
No seguinte vídeo podedes ver algúns dos momentos da realización deste traballo. Os maiores aproveitaron tamén para estar un ratiño con Batman, que lles encanta!!
VOLTA AO COLE!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNS VIDEOS PARA QUE VEXADES ALGUNHAS DAS COUSIÑAS QUE FIXEMOS NOS PRIMEIROS DÍAS DE COLE...
PASÁMOLO MOI BEN!
E SEGUIMOS CON CONTOS!!!!
Ahí van máis evidencias dos contacontos. Pasámolo moi ben con todos e todas....
"Contos de animais" (Mari Luz)
" Cocorico" (Chus)
"Garavanciño" (Patricia)
" La oruga glotona" (Paula e María)
"Adelina" (José)
CONTACONTOS COMIGO!! (Seguimos.......)
E ahí van outras poucas imaxes dos últimos contacontos que participaron. Moitas grazas a todos e todas.
"A lenda do ornitorrinco" (Blanca)
"O peixe arco iris" (Susana)
"A vaca que subeu a unha árbore" Julia
" O animal máis forte do mundo" ( Saila)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »