Domirón, Aniversarios, Conmemoracións, Festas, Saídas

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO

Neste 25N as escolas do CRA conmemoramos o día en contra da violencia de xénero. Para iso limos o libro de "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa".

É a historia dunha boneca que se namorou dun mostruo, fixéronse parella e a partir dese momento todo cambiou, comezaron os insultos e as faltas de respeto cara ela o que fixo que perdera o seu sorriso.

Despois da lectura do conto elaboramos unhas gafas moradas cor do 25 N coa mirada vermella como a cor favorita de Pepuka para devolver esos sorrisos roubados e facernos fortes contra a violencia de xénero e todo aquel que nos queira levar o noso sorriso.

BUFIÑA TRÁENOS BOAS NOVAS

E CHEGOU BUFIÑA CON ALGO IMPORTANTE QUE NOS ENSINAR

Este martes chegamos a e atopámonos con Bufiña que como xa sabedes é a mascota do noso CRA. Esta gatiña traía unha carta onde nos contou que estivera pochiña e que o veterinario para que mellorase a súa saúde propúxolle que tomara unha serie de hábitos saudables para sentirse mellor, así pois despois do patio na sala grande estábanos esperando bufiña deportista cunha maleta para ensinarnos aqueles aspectos a ter en conta para ter unha boa saúde. Iniciándonos e motivándonos deste xeito na temática do proxecto anual de centro relacionado co coidado do noso corpo.

Os encargados do día abriron a maleta de Bufiña onde atoparon diferentes elementos que fomos analizando,necesarios para o coidado do noso corpo: auga, pesas, corda, xel de baño, froita, cepillo de dentes...


Finalmente acabamos activando o corpo como Bufiña 

 

MOSTRA TEATRO DE NARÓN

CARABELA

O mércores 16 de novembro participamos na mostra de teatro organizada polo concello de Narón coa obra da compañía de teatro Galeatro Carabela, que nos axudou a pensar sobre a contaminación dos nosos mares.

 

SAIDA POLA CONTORNA

EN BUSCA DOS TESOUROS DO OUTONO

A pasada semana os nenos e nenas de Domirón saímos de paseo pola nosa contorna en búsqueda dos tesouros que Outono nos deixa, observamos tamén os cambios que con esta estación se producen no noso entorno, nas árbores, as cores...e finalmente almorzamos no parque do Alto e disfrutamos dun día diferente todos xuntos.

 

 

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Este mes tivemos celebración nas tres aulas, felices voltas ao sol para estes peques que sopraron tan ben as súas velas. Parabens!!!!!!

 

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

Felices 3 e 5 voltas ao sol para estes peques que cumpliron no mes de setembro. Que sexades moi felices!!!!

 


OS ANIVERSARIOS DESTE CURSO

Cun pouco de retraso pero máis vale tarde que nunca!!! ahí van os aniversarios que levamos celebrado no que vai de curso. Ainda que non o publicaramos, si que os disfrutamos. Seguídenos para máis publicacións.....

 

INICIO CURSO 2022-23

INICIO CURSO 2022-23

 

As reunións do comezo de curso  para as instruccións antes de empezar e entrega de materiais  de ser o caso quedan do seguinte xeito:

Luns 5 de Setembro:

Domirón:

10:00 horas --  Todos/as :4º,5º e 6º de Educación Infantil 

Sedes:

10:300 horas -- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

Val Infantil:

9:30 horas --  Todos/as :4º,5º e 6º de Educación Infantil  

Val Primaria:

10:30 horas -- 1º e 2º de Primaria

11:00 horas --3º e 4º de Primaria.

 

BENVIDOS/AS de NOVO e FELIZ CURSO !!

CUMPLES XUÑO

O curso chegou ao seu fin  e tamén as festas dos aniversarios, neste mes celebramos os cumples dos nenos e nenas que suman un aniño máis en xuño e tamén se animaron a esta celebración algúns que cumplen ao longo do verán. 

 

     PARA TODOS ELES OS NOSOS MELLORES DESEXOS E FELIZ   

                                             ANIVERSARIOS!!

              

 

                                                                                             

                                                  

                                                 

 

                                                  

"CONTACONTOS COMIGO" EXPRIMINDO AS ÚLTIMAS SEMANAS!!!

Ainda seguimos cos últimos cartuchos desta colaboración familiar que tanto nos aporta a todos e que tan bos resultados está dando:

 
   
   
Distribuir contido