Domirón
CUMPLES MARZO
NO MES DE MARZO SO TIVEMOS ANIVERSARIOS NA CLASE DE 3 E 5 ANOS
MOITOS PARABÉNS E UNHA APERTA ENORME PARA OS TRES!
CARLA ALICIA IZAN
DIA DA ARBORE
O pasado 21 de marzo foi o DÍA DA ÁRBORE e na escola de Domirón decidimos plantar un loureiro, contamos cuns axudantes que tiñan moitas ganas de traballar. Agora toca coidalo entre todos e todas para que medre moito no noso patio.
CUMPLES FEBREIRO
NO MES DE FEBREIRO CELEBRAMOS UN MONTÓN DE CUMPLES, AQUÍ ESTÁN TODOS OS NENOS E NENAS QUE ESTIVERON DE ANIVERSARIO NESTE MES.
MOITOS PARABÉNS E UNHA MOREA DE BIQUIÑOS!!
CAMILA LUNA GALA
THIAGO ISAAC MARTINA
LOIS ADRIANA VALENTINA
ENZO MARTÍN
ENTROIDO 2021
CHEGOU A SEMANA DO ENTROIDO, E COÑECEMOS AO NOSO MECO "MAKUMBA".
Este ano todo é diferente, en lugar de traer algo da casa, o meco mandounos facer cada día un complemento no cole.
Para que o último día, xoves, nos convertiramos en verdadeiros OLIMPICOS.
3 ANOS 5 ANOS
4 ANOS
O VENRES MAKUMBA DÍXONOS QUE PODÍAMOS VIR DISFRAZADOS DO QUE MÁIS LLE GUSTASE A CADA UN, ASÍ QUE TIVEMOS UNHA GRAN VARIEDADE DE DISFRACES, TODOS ELES ESPECTACULARES!!
ESTE ENTROIDO TIVEMOS QUE FACER FESTAS INDIVIDUAIS EN CADA CLASE, PERO NON FALTARON OS XOGOS, BAILES, MERENDA.. E, PARA REMATAR O DÍA, FIXEMOS A TRADICIONAL QUEIMA DO MECO E UN GRAN DESFILE.
DEIXÁMOSVOS POR AQUÍ ALGÚNS DOS MOMENTOS DESTE DÍA.
4 ANOS
5 ANOS 3 ANOS
DIA DA PAZ
O 30 de xaneiro celebramos O DÍA DA PAZ
Baixo o lema "SEMENTANDO A PAZ" fixemos a seguinte actividade: botar terra nunha maceta, e cando xa estaba chea, cada neno e nena plantou a súa flor. Esta tiña unha mensaxe referente á paz que foi decorada coa colaboración das súas familias.
Tamén aprendimos, cantamos e bailamos unha canción que leva por título
"QUÉROTE MÁIS", nos seguintes vídeos podedes ver o ben que o fixeron!
CUMPLES DE XANEIRO
COMEZAMOS UN NOVO ANO E OS MAIORES DAS CLASES XA CAMBIAN DE CIFRA
MOITOS PARABÉNS PARA TODOS!
NICO LIAM ERICK
ÓLIVER SAMU
GRETA
Tarefas aula 6º E. Infantil Semana confinamento: 1-5 febreiro
Tarefas 1 febreiro:
Se queredes acceder as tanrefas do luns preme en luns, e se queredes acceder as fichas prema as fichas. A continuación o conto de hoxe: Grúfalo
Tarefas 2 de febreiro:
Ola amiguiños, se queredes acceder as tarefas de martes, pincha en martes e se queredes ver cales son as fichas de hoxe, preme en fichas. A continuación o conto de hoxe: "Frederick".
Tarefas 3 de febreiro.
Ola peques!! se queredes acceder as tarefas de mércores, preme en mércores, e se queredes ver as fichas deste día preme en fichas. A continuación o conto de hoxe: Os chibos, chibóns:
Tarefas 4 de febreiro:
Se queres acceder as tarefas do xoves, preme en xoves, e se queres darlle un vistazo ás fichas de hoxe, preme en fichas. A continuación o conto de hoxe: Cocorico.
Tarefas 5 de febreiro:
Se queres acceder as tarefas do venres, preme en venres e se queres ver as fichas deste día preme en fichas. A continuación o conto de hoxe: A vaca que puxo un ovo. Creo que é o último día de cuarentena para todos, así que conto vervos a todos en Domirón o luns. Vémonos!!!!
Actividades aula 6º de Ed. Infantil, confinamento, semana do 26 Xan-29 Xan.
Neste apdo irei colgando as tarefas para os día que estemos confinados.
Saúdos, Cristina
Tarefas para o 26 de xaneiro:
Para acceder as tarefas do día, preme en martes. Para acceder á ficha de sumas e restas preme en ficha. A continuación o video do conto ao que fago referencia na proposta, titulado " Tren de invierno"
Tarefas para o 27 de xaneiro:
Para acceder as tarefas do día preme en mércores, e se queres ver as fichas que corresponden ao día de hoxe, preme en fichas. A continuación unha imaxen de como podedes facer a tarefa das tarxetas de números e logo o video do conto de hoxe: " A casa da mosca chosca"
Tarefas 28 de xaneiro:
Se queredes acceder as tarefas do xoves preme en xoves e se queres ver cales son as fichas de hoxe, preme en fichas.
A continuación tedes o conto de Paco Papán e a tamén vos poño un enlace para a canción de Paco papán: https://youtu.be/oHCnR04a0KU
Tarefas 29 de xaneiro:
Se queres ver as tarefas do venres 29 pincha en venres. A continuación o conto de hoxe. A ovella que chocou un ovo.
BO NADAL
BO NADAL
O primeiro trimestre deste curso tan atípico chega ao seu fin, e non nos queremos despedir sen felicitar ao noso alumnado por facer tan levadeiro o noso día a día durante estes meses tan duros. Máis que merecidas teñen as vacacións de nadal!
Hoxe sería un dos días que nos xuntaríamos todas as escolas do CRA para despedir o ano, pero a nova normalidade fixo que o tivésemos que festexar cada un na súa clase. Para facer un día máis especial pedimos que viñeran con elementos navideños e a maiores da celebración de cada aula, en Domirón, non quixemos deixar de cantar unhas panxoliñas as tres clases xuntas ainda que fose mantendo a distancia.
Como este ano non foi posible que o virades en directo, nos seguintes vídeos amosamos uns anaquiños das panxoliñas para que poidades desfrutar do ben que cantan e tocan a pandereta.
TAMÉN VOS DEIXAMOS AS FOTOS NAVIDEÑAS DOS 3 GRUPOS
E xa para despedirnos ata o vindeiro ano queremos ensinarvos o mural que elaboramos en conxunto, xa que cada un dos triángulos que forma esta árbore foi decorado por un neno ou nena da escola coa axuda da súa familia e entre todos creamos este bonito adorno navideño para a nosa entrada.
FELICES FESTAS FAMILIAS
Toca cargar pilas para empezar o 2021 con moita forza!
MOITAS GRAZAS POR FORMAR PARTE DAS NOSAS AVENTURAS
CUMPLES DECEMBRO
E PARA REMATAR O ANO FELICITAMOS AOS NENOS E NENAS QUE CUMPLIRON NO MES DE DECEMBRO
MOITOS PARABÉNS E BIQUIÑOS PARA:
ISABEL MARTINA
DIEGO LOLA MAEL
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »