Domirón
Benvid@s ao novo curso
Para dar comezo a este curso os nenos e nenas de 4 e 5 anos pasaron un día moi divertido participando en talleres de auga, este tipo de xogos son un éxito asegurado e sempre fan máis levadeiro a volta ao cole. Cos seguintes vídeos podedes facervos unha idea de todo o que desfrutaron!
FESTA DA AUGA
FESTA DA AUGA
COMO REMATE FINAL DESTE CURSO, CELEBRAMOS A FESTA DA AUGA. AINDA QUE O TEMPO NON NOS ACOMPAÑAU MOITO NON DEIXAMOS DE DESFRUTAR DE TODOS OS XOGOS DE AUGA PREPARADOS. UNS VESTIDOS ,E OUTROS, OS MÁIS ATREVIDOS DA CLASE DOS MAIORES ATA DECIDIRON QUEDARSE EN BAÑADOR.
DUN XEITO OU DOUTRO O IMPORTANTE E QUE OS PEQUES DESFRUTARON UN MONTÓN DA EXPERIENCIA, COMEZANDO CON TIMIDEZ E INVESTIGANDO CADA ESPAZO ATA REMATAR CUNHA GUERRA DE PISTOLAS DE AUGA ONDE, POR SUPOSTO, AS MESTRAS NON SE LIBRARON DA MOLLADURA!!!
NOS SEGUINTES VÍDEOS PODEDES VER UN RESUMO DA FESTA DA AUGA DE CADA UNHA DAS AULAS:
E AGORA TOCA DESCANSAR NO VERÁN, RECARGAR PILAS E VÉMONOS DE NOVO EN SETEMBRO!
E PARA OS QUE LLES TOCA CAMBIAR DE COLE QUE TEÑADES MOITA SORTE NA NOVA ETAPA, BOTARÉMOSVOS MOITO DE MENOS E ESPERAMOS QUE VEÑADES ALGÚN DÍA DE VISITA.
AS MESTRAS DESÉXANVOS FELICES VACACIÓNS A TODAS AS FAMILIAS DOMIRONAS!
CUMPLES XUÑO
O curso chega ao seu fin, e o último día de cole non só celebramos os cumples dos nenos e nenas que cumplen en xuño senón que tamén festexamos os dos que cumplen no verán.
MOITOS PARABÉNS E UNHA APERTA DE OSO PARA TOD@S!!
ENZO NOA CELIA
ENZO ESTER LEO
NOA XIANA MATEO
DANIELA
DESPEDIDA DOS COELLIÑOS
No mes de maio chegaron ao noso cole dúas novas mascotas: MANCHITAS E SALTARÍN. Os nomes foron escollidos polo noso alumnado. Cada día era unha clase a encargada de coidalos: limpándolle a súa casiña (coa axuda das profes), dándolles comidiña e pasando un ratiño con eles.
MOITAS GRAZAS POR TODA A COMIDIÑA QUE LLES TROUXESTEDES!!
Estes coelliños deixábanse querer e por iso algúns nenos quedaron un pouco tristes o día da despedida, pero non vos precupedes que foron para unha casiña onde os van coidar moi ben.
OLIMPIADAS DOMIRÓN 2021
Como remate do proxecto das Olimpiadas esta semana celebramos os xogos olímpicos na nosa escola, cada día competiu unha clase, sendo os nenos e nenas das outras aulas espectadores. Comezaron cun desfile coa súa propia bandeira, despois participaron en tres probas, sendo na última na que conseguían a medalla xa que o facían de 3 en 3 e así todas e todos conseguiron subir ao podio.
O martes competiron os da CLASE DE 4 ANOS en: CARREIRA, BOLOS E LANZAMENTO DE PESO.
O mércores foi o turno da CLASE DE 5 ANOS, competindo en: CARREIRA, BOLOS E CARREIRA DE ZANCOS
E o xoves tocoulles aos deportistas da CLASE DE 3 ANOS, competindo en: CARREIRA, BOLOS E LANZAMENTO DE PESO
O último día tivemos unha gran SORPRESA!!
Visitáronnos as mascotas de Tokio 2020 (SOMEITY E MIRAITOWA), algúns non se podían crer que estaban con nós e outros desconfiaban de que eran as mestras!!
E xa para rematar as grandes olimpidadas de Domirón podedes ver a todos os participantes no desfile de clausura:
AS MESTRAS QUEREMOS FELICITAR A TODO O ALUMNADO POLOS BOS PARTICIPANTES QUE FORON E DARLLES A NORABOA POLO SEU ESFORZO XA QUE TODOS CONSEGUIRON UNHA MEDALLA DE OURO.
SODES UNS GRANDES DEPORTISTAS OLÍMPICOS!
PARABÉNS CAMPIÓNS!!
CUMPLES DE MAIO
NESTA OCASIÓN AS NOSAS FELICITACIÓNS SON PARA : MARCOS E ANTONIO JOSÉ!!
MOITOS PARABÉNS E UNHA APERTA XIGANTE!
CIRCUITO EDUCACIÓN VIAL
O pasado xoves, membros da Policía Local de Narón visitaron a nosa escola para facernos partícipes nun circuito de Educación Vial. Aprendimos a ser peóns e condutores seguindo as normas de circulación. Como o fixemos moi ben, os polis, déronnos uns carnés para nomearnos POLICÍAS INFANTIS.
LETRAS GALEGAS
A pesar de ser un curso raro, en Domirón non perdemos a tradición e, un ano máis, sacamos adiante o cancioneiro de cantigas en galego. Como a situación actual non nos permitiu compartilo en directo con vós fixemos unha gravación para que poidades desfrutar escoitando aos grandes artistas.
ANIMÁDEVOS A CANTAR CON ELES!
CUMPLES DE ABRIL
NO MES DE ABRIL TOCOU CELEBRAR OS ANIVERSARIOS DE:
MARCOS LUCÍA ADRIÁN
JESÚS UXÍA
MOITOS PARABÉNS PEQUES!
SEMANA DO LIBRO
Este ano para conmemorar o día do libro a nosa mascota BUFIÑA propúxonos facer unha actividade super divertida.
Preparounos unha XINCANA relacionada con contos moi coñecidos por nós. Había que ir superando uns retos para así conseguir os números que abrían o candado dunha caixa onde gardara unha pequena sorpresa.
Con gran ilusión, emoción e nerviosismo todos os nenos e nenas foron capaces de ir superando as probas para conseguir a súa recompensa!
Moitras grazas Bufiña, estamos moi agradecidos de poder participar nesta xincana.
ESPERAMOS QUE DESFRUTEDES TANTO COMO NÓS VENDO O SEGUINTE VIDEO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »