O Val, Domirón, Pedroso, San Mateo, Castro, Sedes

DESFILE DE SAMAIN E FOTOS DOS GRUPOS

O 31 de outubro celebramos o samain na escola do Val, fixemos un desfile para ver os disfraces d@s nos@s compañeir@s.

 

 
 

CONTACONTOS COMIGO

E con esta familia damos por rematada esta actividade que sempre resulta tan exitosa, moitas grazas a todos os que adicastedes un ratiño para  poder compartir tan bos momentos mergullándonos en diferentes aventuras a través dos contos.

                                                                                        ESPERÁMOSVOS O VINDEIRO CURSO!!                              

                                      

FOTOMATÓN DAS EMOCIÓNS

Na aula de 2º seguimos traballando as nosas emocións, para iso elaboramos un photocall moi especial. Podedes ver o ben que expresamos a nosas emocións.

 

                        
                     
          
            
     

 

Reutilizando fixemos cousas fermosas.

Aquí tedes un exemplo de moitas cousas que fomos facendo ao longo do curso empregando difernetes materiais e reutilizando, dentro do noso programa edu sostibilidade. Quedaron xenial!

 

   

        

                                                        
       
       
       
       

Visita de infantil a primaria

@s ne@s de 6º de EI realizaron unha visita a 1º de EP para ter unha xornada de convivencia, para que @s nen@s lles explicaran as dúbidas que tiñan sobre a etapa de educación primaria e compartiron un tempo de lecer.

Fotógrafo medioambiental

Enmarcado no programa EduSostibilidade, realizamos unha sesión de reflexión arredor da necesidade do coidado do medioambiente, a partir do visionado da curta El refrigerador Chillie.

A partir do mesmo decidimos sair pola contorna a observar se na nosa zona existe contaminación de elementos de desfeito e sacar fotos que nos conviden á reflexión.

Como foi tanto o que atopamos decimos, con motivo do Día da terra, 5 de Xuño sair de novo a recoller o que estivese nas nosas mans.A verdade é que a conclusión é que non nos gustou moito o que vimos. Debemos coidar máis a nosa contorna natural.

     
     

No patio; cómic de Resolución de conflitos

Partindo da proposta da Biblioteca do Centro adicamos este mes ao cómic e á resolución de conflitos.

Para desenvolver esta actividade en primeiro lugar facemos unha choiva de ideas sobre posibles conflitos, que por suposto coinciden cos que mási a miúdo ocorren no noso patio.

Plantexamos o conflito e a posible resolución, asignamos os personaxes e facemos a dramatización. 

Unha vez escollidas as fotos facemos o guión e cada quen escribe a súa frase.

Quedounos un cómic ben xeitosiño para a nosa biblio!!!

murais intercentros: Escola do Val

Este ano os murais de Intercentros adicámolos os recantos con encanto do noso Concello,

na nosa escola representamos 7 lugares da parroquía do Val...ainda que hai moitos máis...

En algúns deles incluimos información en códigos QR.

Aquí tedes o traballo realizado:

4º  Infantil: A Pena molexa

 

 

5º Infantil: Costa Ártabra

 

6º Infantil: Escola do Val

1º Primaría: Fonte de Santa Margarida

Enlace información

http://lugaresmagicosdegalicia.blogspot.com/2016/12/100-santa-margarida-la-fuente.html?m=1

 2º Primaria: Pena Lopesa

 

3º Primaria: Cruceiro de Santa Margarida

4º Primaria: Capilla de Santa Margarida

A CONTORNA DO VAL- PROXECTO PASIÑO A PASIÑO

Dentro do proxecto "Pasiño a pasiño imos polo bo camiño..."

un dos obxectivos é coñecer a nosa contorna.

Xa visitamos Sedes e Domirón, agora tócalle á Escola do Val.

Esperamos que vos guste! 

TALLERES DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL

O pasado 16 de maio tivemos a sorte de contar cos compañeiros do pazo da cultura que nos impartiron un taller de música e baile tradicional galego. Moitas grazas ó concello e, especialmente, a Dani, Bea e Zaira, aprendemos moito e pasamos unha xornada moi divertida! Volvede pronto.

 

Distribuir contido