Domirón, Aniversarios, Conmemoracións, Festas, Saídas
CUMPLES DE ABRIL
Remata o mes de Abril e temos a celebración dos cumples deste mes. Parabéns a estes nenos e nenas e feliz volta ao sol!!!
CUMPLES DE MARZO
Hoxe toca felicitar a estas cumpleañeras que naceron no mes de marzo. Feliz vida churumbeles!!!!
CONTACONTOS COMIGO
Xa case estamos chegando ao remate desta actividade tan exitosa, pero aínda seguimos recibindo bonitas familias que comparten historias con todos nós.
GRACIÑAS!!
A CONTORNA DE DOMIRON
Aquí tedes o noso video para convidar aos nosos compis das outras escolas do CRA a que veñan visitar a nosa zona. Este traballo, facendo de reporteiros e reporteiras, está enmarcado dentro do proxecto de centro: Pasiño a pasiño imos polo bo camiño. Durante o 2º trimestre traballaronse os mapas, distancias e tamén seguimos coas camiñatas, que está previsto que veñan os nenos e nenas do Val e Sedes a facer unha camiñata con nos pola nosa zona, igual que nos fomos a Sedes no 1º trimestre.
Quedou moi chulo!! De aquí a que contraten os nosos peques para o programa Aquí Narón (se o houbera) non queda nada!!!!
EXCURSIÓN Á DOMUS, A CASA DO HOME.
O pasado mércores 15 fixemos unha saída a Coruña, á DOMUS, xunto coas outras escolas do CRA, en continuidade co noso proxecto de centro sobre a sáude e os hábitos saudables.
Visitamos o museo con moitísima actividades interactivas, merendamos nas súas instalacións cunhas vistas increíbles para finalmente volver ás escolas moi felices por toda esta experiencia.
CONTACONTOS COMIGO
Seguimos con contacontos en familia, xa van quedando menos voluntarios pero non deixan de sorprendernos coas súas eleccións. Sodes fantásticos!!
CONTACONTOS COMIGO
Como gozamos escoitando estas bonitas historias contadas polas familias e, máis aínda, vendo como desfrutan os peques desta actividade. Moitas grazas aos voluntarios destas últimas semanas.
CUMPLES DE FEBREIRO
Xa chegou Febreiro!! e os que naceron este mes celebran o seu cumple. Desexámoslles a todos unha feliz volta ao sol!!!
CUMPLES DE XANEIRO
Comezamos o ano felicitando aos maiores da clase de 5 anos, que xa cumplen 6!!! Feliz vida peque-grandes!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »