Domirón
AS NOSAS FAMILIAS SON O MÁIS CONTANDO CONTOS!!!!
Estamos entusiasmados/as coa participación no Contacomigo, está sendo un éxito: disfrute e emoción a feixes!!
CUMPLES ABRIL
Este mes tivemos cumpleañeiros nas tres clases. A esta celebración tamén se uniu un neno de 4 anos que cumplía en maio pero non o podía celebrar na súa data xa que marcha para outro cole. Aproveitamos para desexarche moita sorte e que te imos botar moito de menos.
BIQUIÑOS AMOROSOS PARA TODOS ELES!
E SEGUIMOS CON MÁIS CONTACONTOS DAS FAMILIAS!!!!
As familias séguennos sorprendendo co seu inxenio e dedicación, estamos todos e todas rechiflados!!!
CONTACONTOS COMIGO
Comezamos este mes coa actividade que tantas alegrías e bos momentos nos aporta a todos: o contacontos comigo: as familias voluntarias veñen a contar un conto á clase do seu fillo/a. Son momentos de emoción sobre todo para o neno/a protagonista. Graciñas a todos por vir!!!!
CUMPLES MARZO
No mes de marzo so tivemos celebración nunha clase, estas dúas nenas xa cumpliron os 5 anos!
UNHA APERTA DE OSO E OS NOSOS PARABÉNS PARA ELAS!
ENTROIDO
ENTROIDO 2022
Este ano a temática dos disfraces que fixemos no cole foi basada na obra de "El Carnaval de los animales" de Camille Saint- Saëns, onde as clases de infantil do CRA foron disfrazadas cada unha dun animal. E o venres tocou sacar a relucir os disfraces favoritos para mostralos no gran desfile que fixemos, que xa é unha tradición na nosa escoliña.
Podedes ver no seguinte vídeo os diferentes modeliños do entroido!!
CUMPLES DE FEBREIRO
Aquí está febreiro, o mes no que festexamos moitos aniversarios, mirade cantos nenos e nenas se fixeron un ano máis maiores.
PARABÉNS A MOREAS PARA TODOS ELES!
DÍA DE ROSALÍA
ROSALÍA NA RÚA
O pasado 23 de febreiro celebramos a conmemoración de dita autora traballando, en cada clase, un poema que escribiron nunha tea para despois sacalo á rúa e darlle visibilidade. Dado que a súa flor favorita eran os pensamentos, nós decidimos plantar estas coloridas flores en macetas e poñelo xunto os seus poemas.
CUMPLES DE XANEIRO
Comezamos o ano festexando os aniversarios dos nenos máis maiores das clases de 4 e 5 anos.
PARABÉNS E APERTAS XIGANTES!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »