Domirón, Aniversarios, Conmemoracións, Festas, Saídas
SAMAÍN II
Durante a semana do Samaín, fixemos actividades moi divertidas e terroríficas nas tres aulas. Tecimos teas de araña, fixemos apócemas, experimentamos e manipulamos, limos contos e creamos o noso propio monstro entre outras moitas actividades! Sen dúbida, unha semana chea de diversión, aprendizaxe e moi pegañenta!
SAMAÍN I
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas! O Samaín chegou á escola de Domirón, cheo de personaxes terroríficos! Unha xornada inesquecible chea de diversión, desfiles, xogos e moito terror.
CUMPLES OUTUBRO
Nesta ocasión os nosos parabéns van para todos os nenos e nenas que cumpliron no mes de outubro. Feliz volta ao sol peques!
BENVIDOS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS DE 3 ANOS
Comeza unha nova etapa para os peques de 3 anos, ao premer na seguinte imaxe podedes ver nun vídeo algunhas das cousiñas que foron facendo ao longo deste tempo. Pouco a pouco fóronse familiarizando cos espazos, mestres, materiais e rutinas de aula, ademais de compartir moi bos momentos cos novos amiguiños e amiguiñas.
Cada día é unha nova aventura que intentaremos desfrutar ao máximo!
CUMPLE SETEMBRO
Xa estamos aquí coa celebración dos cumples deste curso, neste mes só festexamos o cumple de Marco. Parabéns!
INICIO PROXECTO MAR ABERTO
Para comezar o proxecto anual do centro. "Mar aberto" Bufiña trouxonos a cada un unha mensaxe motivadora nunha botella. A mensaxe era da familia para o neno/a para darlle ánimos para ter un bo curso. As botellas estaban agochadas pola clase e tivemos que atopalas. Unha vez atopamos a nosa decorámola con area, cunchiñas e pegatinas mariñas. Xa temos forza para coller o curso con ganas!!!
Aos poucos días apareceu unha carta de Bufiña en cada clase, onde nos pedía axuda para rescatar uns animais que estaban enterrados no areeiro do patio e levalos á zona de recuperación para que quedaran libres de novo. Non dubidamos nin un segundo en cumplir coa misión que nos propuxo a nosa mascota. Ao premer na seguinte imaxe podedes ver nun vídeo o ben que o fixemos.
Como fixemos moi ben o rescate dos animais mariños, Bufiña díxonos que xa podíamos dar un paso máis e ir a limpar unha praia e alá nos fomos a Valdoviño a limpar a praia da Frouxeira. Viñemos moi satisfeitos porque evitamos que moito lixo fose parar ao mar!!
CUMPLES DE VERÁN
Olaa, aquí estamos de novo, como no mes de Setembro non había cumples na aula de 5 anos, os/as nenos que cumpliron no verán quixeron tamén celebralo na escola e ter a coroa do curso pasado. Rematamos así esta tanda de cumples, na seguinte publicación xa empezaremos coa nova coroa. Felicidades para os cumpleañeros e cump
CONTACONTOS COMIGO
E con esta familia damos por rematada esta actividade que sempre resulta tan exitosa, moitas grazas a todos os que adicastedes un ratiño para poder compartir tan bos momentos mergullándonos en diferentes aventuras a través dos contos.
ESPERÁMOSVOS O VINDEIRO CURSO!!
CUMPLES DE MAIO
Este mes só tivemos cumples na clase de 5º de Ed. Infantil pero non por iso deixamos de celebralo e festexar por este motivo. Parabéns!!
CONTACONTOS COMIGO
Que afortunados somos de poder contar con familias, como as que nos visitaron ao longo destas semanas, achegándonos a historias tan bonitas e contadas con tanto agarimo. GRAZAS!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »