INICIO CURSO 2022-23

As reunións do comezo de curso  para as instruccións antes de empezar e entrega de materiais  de ser o caso quedan do seguinte xeito:

Luns 5 de Setembro:

Domirón:

10:00 horas --  Todos/as :4º,5º e 6º de Educación Infantil 

Sedes:

10:300 horas -- 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

Val Infantil:

9:30 horas --  Todos/as :4º,5º e 6º de Educación Infantil  

Val Primaria:

10:30 horas -- 1º e 2º de Primaria

11:00 horas --3º e 4º de Primaria.

 

BENVIDOS/AS de NOVO e FELIZ CURSO

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2022-23

 

Ata o día 22 de xuño está aberto p prazo a solicitude de fondo libros(1º,2º,3º,4º EP), e de axuda para o material, para todo o alumnado de EP en  FONDOLIBROS 

 Unha vez que teñades cubertos todos os datos debedes gardala ,obtendo así o Nº de solicitude.

Posteriormente podedes optar pola seguinte forma de presentación :

Presentación no  CRA:

Neste caso imprimide a solicitude e o anexo II e presentade no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación). O centro con ese número só terá que validala .

Entregar : Sede de San Xiao . martes ,mércores e xoves de 12.00a 14:00 ou martes de 17:00 a 19:00

Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia : 

Co certificado dixital  ou Chave 365

Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

 

 

DÍA DE ROSALÍA 2022

 

Este ano celebramos o día de Rosalía en tódalas escolas do CRA, cunha actividade que denominamos: Rosalía na rúa, traballamos na aula diferentes poemas ou frases da autora e despois plasmámolas nunha tea que colgamos na rúa, ben en mobiliario urbano ou nas cancelas das escolas. Tamén se fixeron recitados dos poemas e plantación de pensamentos que era a flor preferida da escritora. Aí tedes un vídeo coa mostra dalgúns momentos do día.

 

ADMISIÓN CURSO 2022/2023

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

Do 11 de xaneiro  ao 8 de febreiro

Reserva de praza para o centro adscrito

Do 1 ao 20 de marzo

Prazo de presentación solicitudes de admisión

Do 23 de marzo ao 3 de abril

        ( 10 día hábiles)

Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de non ter que baremar, non será preciso aportar documentación: publicaremos unha cousa ou outra na páxina web)

Antes do 25 de abril

Publicación listaxes provisionais

5 días hábiles

Período de reclamacións as listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da súa publicación

Antes do 15 de maio

Publicación listaxes definitivas

Prazo de 1 mes

Período reclamacións listaxes definitivas: 1 mes a partir do día da súa publicación.

Do 20 ao 30 de xuño

Formalización da matrícula.

Documentos necesarios:

-3 fotos tamaño carnet

-Fotocopia cartilla Seguridade Social

-Fotocopia do libro de vacinas

Rematado o prazo, se non se formaliza a matricula, pérdese o dereito á praza obtida.

                                                            

NOTA INFORMATIVA

NORMATIVA REGULADORA

PUNTO COMPLEMENTARIO DO CRA

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

CENTRO ADSCRITO E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

MAPA DA ZONA DE INFLUENCIA DA ESCOLA DE DOMIRÓN

INSTRUCIÓNS  2022-23

MANUAL PARA AS FAMILIAS da APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO 

HORARIO DE ENTREGA

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

VACANTES CURSO 2022-2023 

SORTEO DA LETRA EN CASO DE BAREMACIÓN 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA                                                           

 

  AVISO :  Este curso non houbo que baremar e todos e todas os que solicitaron praza no CRA está admitidos . 

O NADAL NO CRA

 

 

 Luns 20 , volverá MIGALLAS con nós co seu espectáculo CANTA CONNOSCO  https:// migallas .gal/canta_connosco/

Este curso irán á Escola de Domirón  ( ao aire libre e mantendo a distancia entre os grupos )onde se trasladarán  tamén en autobús o alumnado de Sedes , xa que o curso pasado a actuación foi na  Escola de O Val.

Martes 21, como xa ven sendo habitual no CRA ,celebraremos o Nadal cunha CHOCOLATADA e  cantando panxoliñas, aínda que non nos poidamos xuntar todas as escolas .

Do chocolate e os churros e picatostes , encárgase o ANPA, así como do reparto por cada una das escolas Do CRA . Este curso ,una vez máis ,deberemos comelos cada un coa súa clase .

Moitas grazas por colaborar para que  poidamos disfrutar desta festa  aínda que sexa mantendo a distancia social.

 *Lembrade que volveremos o luns 10 de xaneiro

e que o boletín de notas será neste trimestre por ABALAR

BOA FESTA e FELIZ 2022 !!

 

 

Receitas con castañas para un Magosto diferente

Aqui tendes as vosas receitas con castañas para o Magosto...que boa pinta!!!

 


E se queredes descargar o libro completo, pinchade aqui
Moitas grazas a todas as familias polo seu traballo, tempo e dedicación neste proxecto.

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Este curso por ser ano par, vaise iniciar o proceso outra vez para a renovación parcial do Consello Escolar do centro, xa que o curso pasado foi o adíado do ano anterior por mor da pandemia  

Dada a importancia do proceso tedes a continuación toda a información relacionada co proceso .

Tede en conta que a vosa participación é moi importante tanto como posibles candidatos/as a representantes de pais/nais no Consello Escolar así como a participación nas votacións para elexir aos vosos representantes neste órgano de goberno.

Animádevos a presentar a vos candidatura !!

Circular informativa á comunidade educativa 

Modelo de candidatura de nais/pais

Libros de Texto e materiais para o curso 2022-2023

Aqui tendes o listado de libros de texto e materiais escolares para o vindeiro curso escolar 2021-2022, pinchade encima do curso correspondente e podedes descargalo en formato pdf.

1º Primaria

3ºPrimaria

Educación Infantil

2º Primaria

4º Primaria

 

 

 

 

Revista Adiante nº32 2021

DESPOIS DO PARÓN OBLIGADO DO CURSO PASADO,  ESTE ANO RETOMAMOS O NOSO XORNAL.
ESTA FEITA CON APORTACIÓNS DO ALUMNADO DE TODAS AS AULAS.  ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
 


E pinchando nesta portada podes descargar a revista en formato pdf.
 

Distribuir contido