O Val, Domirón, Pedroso, San Mateo, Castro, Sedes

TALLER DE MAQUILLAXE

O venres da semana do Antroido todos os nenos/as tiveron a oportunidade de maquillarse grazas á colaboración de Lara que adicou toda a mañá a esa tarefa. Queremos darlle as grazas e dicirlle que todos os nenos e nenas ían supercontentos e guapísimos!! Moitas, moitas grazas Lara!!

Agradecementos

Temos que agradecerlle a Lara o seu enorme traballo e a súa dedicación toda a mañá pintando as caras dos nosos nenos e nenas. Canto disfrutaron e qué lindos estaban!!. Graciñas Lara

 

 

DIA DA PAZ 2016

Para celebrar o día da Paz, este ano "sementamos" flores para facer o noso horto da paz, logo no recreo saímos a ver as mensaxes e xuntos celebramos este día. O noso desexo dende Domirón: paz no mundo e en cada un de nos.

 

 

Se queres ver o video en pantalla completa, preme aqui

ARTE NO OUTONO

Este curso, no outono,  fixemos composicións artísticas con elementos naturais que os nenos/as trouxeron á escola , quedáronnos moi moi chulas, a que si?? Tamén veredes as cabazas que preparamos para o Samaín.

 

Se queres ver o video en pantalla completa prema aqui

Repichoca Escolar no Val

Para rematar o 1º Trimestre, na Escola do Val, tivemos a sorte de poder disfrutar do grupo de música "Vai Rañala Meu!!!", cos que bailamos e o pasamos moi ben.

Dar a grazas ao grupo pola súa predisposición e por animarnos os últimos días do trimestre, esperamos contar con vos para outras festas!!

Aqui tedes os videos dese día:

Un pasodobre:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Unha muiñeira:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Un vals:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Un pasodobre e conga:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Outra muiñeira:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

A Camiño de Viseu:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view....

Certame Intercentros 2014

O pasado día 6 de maio do 2014, as/os nenas/os da Escola de Domirón participaron no Certame con dúas cancións: A Vaca Marela, e Eu Teño Unha Casiña Branca, estas foron as súas participacións:

 

Eu Teño Unha Casiña Branca:

 

A Vaca Marela:

 

 

 

Esperamos que vos gusten.

 

 

O Nadal

Domirón en nadal: decoración, portal, a arboriña. 
Cun sombreiro de palla mix: panxoliña.

Xogando coas follas no outono.


Recreación das árbores no outono, os nenos primeiro son árbores que perden as follas cando sopra o vento, logo son animais que se agochan debaixo delas...

Distribuir contido