O Val, Domirón, Pedroso, San Mateo, Castro, Sedes

TEXTO INFORMATIVO: A NOTICIA

Neste mes aproveitando a Semana da Prensa, na Escola de Sedes traballamos as características do Texto Informativo centrándonos na noticia, como parte da adquisición do proceso da lecto-escritura. Para que serven, en que partes se dividen, como nos explican o sucedido, como é a linguaxe ou que elementos ten que ter para que a comprendamos mellor. 

Como paso inicial exploramos o xornal cos sentidos

Ademais reflexionamos onde podemos ler, ver, escoitar noticias alén do xornal e que tipos de xornal hai en función do formato ou das noticias que conteñen. 

Por outra banda dentro do propio xornal diferenciamos as seccións e que significan todos os nomes, letras e números que atopamos.

 E con toda esta aprendizaxe xa fomos quen de facer a nosa propia portada de xornal.

ANDAINA ATA BALTAR

Este venres 22 de marzo, realizamos unha andaina dende a nosa escola ata o convento de Baltar. Rematamos así, este segundo trimestre e festexamos o inicio da primavera.

Esta actividade enmárcase dentro do contrato programa EDU-SAÚDE.

Pasamos unha xornada moi agradable de convivencia!

Olla o vídeo para comprobalo!

 

 

ANDAINA ATA BALTAR 

CALDO DE GLORIA DE ROSALÍA, O NATURAL FRONTE AO ULTRAPROCESADO

Conmemoramos o Día de Rosalía coas familias elaborando un "Caldo de Gloria" inspiradas no poema Miña casiña , meu lar. Para isto clasificamos os ingredientes da receita, identificando as verduras, os tubérculos,os legumes e as carnes e falando das súas propiedades.

Reflexionamos sobre a importancia de comer variado e productos naturais e non os ultraprocesados e industriais en beneficio da nosa saúde.

Xa por último seguimos os pasos para elaborar o caldiño que pola tarde compartimos coas familias na Escola de Sedes.

RECICLAR TAMÉN É PARA O ENTROIDO

E coma xa ven sendo costume no CRA, sempre empregamos material de refugallo para os nosos disfraces e complementos, tanto do que temos na aula como aportado polas familias. 

Grazas de novo familias, sempre tan dispostas a colaborar!

ENTROIDADAS I

Chega o Entroido e as nosas roupas mudan, os nosos sorrisos multiplícanse e todo cobra outro sentido. 

Mandados do Meco, xogos de pistas, disfraces e bailes, marcaron a nosa semana máis argalleira.

XOGOS EN FAMILIA

Esta semana continuamos con máis familias xogonas que viñeron ás aulas das súas fillas e fillos para pasar un bo ratiño de convivencia.

O martes tocou na clase de 4 anos, coas nais de Unay e de Noa, onde tiñan que conseguir facer o 4 en raia e desfrutaron coas ranitas tragabolas. 

 

O xoves visitaron a clase de 5 anos, a mamá de Blanca e o papá de Helena, cun memori de insectos e o xogo do Lince.

 

E tamén o xoves, na clase de 3 anos recibiron a nai de Sofía e o pai de Irene, que trouxeron diferentes xogos:  un de atopar diferencias usando antefaces, salmón feliz ( onde tiñan que empregar xestos) , dominó de animais e un memori.

XOGOS EN FAMILIA

Esta semana comezamos, na escola de Domirón, cunha das actividades onde abrimos as portas ás familias para pasar un tempo con nós, algo que as nenas e nenos viven con moita emoción. A proposta deste ano é   coñecer e desfrutar de diferentes xogos de mesa, considerándoos como un recurso moi completo onde se traballa: a atención, cooperación, a estratexia, tolerancia á frustración...

Na aula de 3 anos tivemos a nai de Blanca e de Julia, con elas xogamos:  ao bingo, memori de animais,  xogo cooperativo de caperuchiña vermella e outro que se chama Little circuit.  

 

 

E na aula de 5 anos, grazas ás nais de Fran e Noa, desfrutamos de xogos como:  Catch it!, Antón zampón, memori e contando monstruos.

 

 

Graciñas a todas elas por encher as aulas de tanta diversión!

 

 

ALUMNAS EN PRACTICAS

O venres despedimos a Paula e Nuria, as nosas alumnas en prácticas da UDC.

Graciñas por elixir o CRA de Narón e por encher de tanto amor o corazonciño de todas as nenas e nenos da escola.

Sempre seredes benvidas!

VISÍTANOS UNHA MARISCADORA

Seguindo co proxecto do mar, este xoves recibimos a visita de Lena que é MARISCADORA, para aprender con ela cousiñas da súa profesión. Explicounos como pon a vestimenta, as ferramentas que usa e en que consiste o seu traballo. Pertence a confraría de Cedeira, e vimos un vídeo onde a entrevistaron, xunto coas súas compañeiras, mentres estaban mariscando.  Para rematar, vivimos a experiencia de buscar berberechos que traía agochados na area.

Graciñas a familia de Julia, por facer isto posible.  

Distribuir contido