Domirón, Aniversarios, Conmemoracións, Festas, Saídas

Celebración do Nadal

 

Como cada ano, as escoliñas do CRA xuntámonos para celebrar todas xuntas e xuntos o Nadal.

Unha mañá moi divertida na que desfrutamos tod@s xunt@s do espectáculo de "Orquesta Pantasma", comemos un riquísimo chocolate con churros e xogamos coas nenas e nenos das tres escolas.

Foi unha xornada chea da maxia propia do Nadal.

CRA de Narón Nadal 23/24

VISITA AO CENTRO DE MAIORES

O pasado martes 19, fumos de visita ao centro de maiores DomusVi a cantar panxoliñas ás e aos maiores. Ademais, tíñannos preparados un montón de xogos e unha visita guiada a todas as estancias do centro.

Foi unha xornada chea de maxia, diversión e moito agarimo.

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Parabéns a Martín e Thiago polos vosos 5 anos! Desexámosvos un ano cheo de cousas bonitas!

EXPERIMENTOS

Continuando co noso PROXECTO DA AUGA, as mestras prepararon tres experimentos diferentes:

Experimento 1. Que obxectos flotan e cales non?

Experimento 2. Probamos que pasaba se metíamos un ovo en agua doce e salgada. En cal flotará?

Experimento 3. Auga, un bote de cristal, colonia e unha vela. Que pasará?

As nenas e nenos da escola, foron rotando por todos eles e pasárono xenial!


DESPEDIDA OUTONO

Despedimos a estación máis bonita e especial: o outono!

Dicimos adeus ás súas cores, texturas e olores para dar paso á maxia do inverno.

Gozámolo moitísimo! Instalacións, xogos, experimentación, manipulación e, sobre todo, moita diversión!

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Neste mes de novembro celebramos moitas das nosas nenas e nenos estiveron de aniversario! Desexámoslles un novo ano cheíño de felicidade!

Parabéns!

25 N - CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero polo que, dende a escola, limos o conto de "Artur e Clementina" e cada nena e neno fixo a súa tartaruga cheíña de palabras de amor: "buena", "bonita", "te quiero", "te abrazo" etc.

INVESTIGACIÓN SOBRE O PROXECTO DA AUGA

Comezou o noso proxecto!

Grazas á colaboración das familias, puidemos observar a través do microscopio diferentes mostras de agua: de mar, de río, de charcos, da choiva etc.

Foi unha experiencia moi enriquecedora!

MAGOSTO

Como cada ano, as escoliñas do CRA xuntámonos para celebrar todas xuntas e xuntos o Magosto.

Sen dúbida, unha xornada moi divertida chea de xogos e momentos de conexión entre as nenas e nenos das tres escolas.

E, por suposto, sen esquecer ao fantástico Anxo Moure, que nos acompañou durante esta mañá para facela moito máis máxica e inesquecible.

IMOS AO TEATRO

O pasado 9 de novembro acudimos ao auditorio ver unha obra de teatro da compañía Mar - Mar teatro,  organizada polo Concello de Narón. Co título   "Un pez en mi corazón" e a súa temática de superación de medos no mar, non nos podía encaixar mellor, tanto co noso proxeto anual "Mar aberto"  como, co contrato programa Emocióna-T. 

 


Distribuir contido