Domirón
"OTRA COSA"
DURANTE ESTE TRIMESTRE OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS DE ATENCIÓN EDUCATIVA ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE UN CONTO QUE NOS GUSTOU MOITO E CO QUE FIXEMOS UNHA PRESENTACIÓN QUE ESPERAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMA A NÓS
Visitamos Aldea Nova
O 20 de Marzo do 2016; o alumnado de 4 e 5 anos da Escola de Domirón, visitou Aldea Nova, onde poideron montar a cabalo, facer pan, visitar o planetario...e pasar unha boa xornada no campo.
MOSTRA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL
Dani e Bea do Padroado da Cultura de Narón viñeron a pasar con nós unha mañé e traernos unha mostra dos instrumentos e bailes tradicionais, aprendemos moito e pasámolo moi ben. Graciñas por vir!!!
CONTACONTOS COMIGO
Todos os venres aquelas mamás, papás, avós ou avoas, tíos ou tías..... poden vir a contarnos un conto, historia... ou o que eles queiran. É unha experiencia moi divertida para os nenos/as e moi gratificante para o/a protagonista. Algunhas xa se animaron e pasámolo moi ben. Dende aquí animamos a todos os que queiran vir a contarnos unha historia e darlle as grazas aos que xa o fixeron:
EL IMPERIO DEL SEÑOR ROJO, por Cristina
O COELLIÑO BRANCO, por Verónica
VEO, VEO... por Lara
XAN E AS FABAS MÁXICAS, por Sonia
O ZAPATEIRO DO BOSQUE, por Mar
A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUÉN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA, por Raquel
O PITO CAIRO, por Angel
DESPOIS DA CHUVIA, por Elena
COCORICO, por Ana Belén
O COELLIÑO BLANCO, por Blanca
¿LA MERIENDA DEL LEÓN?, por Emma
SESIÓN DE IOGA, por Raquel
A VACA QUE PUXO UN OVO
SEGUIREMOS COLGANDO MÁIS FOTOS!! ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR......
TALLER DE MAQUILLAXE
O venres da semana do Antroido todos os nenos/as tiveron a oportunidade de maquillarse grazas á colaboración de Lara que adicou toda a mañá a esa tarefa. Queremos darlle as grazas e dicirlle que todos os nenos e nenas ían supercontentos e guapísimos!! Moitas, moitas grazas Lara!!
Agradecementos
Temos que agradecerlle a Lara o seu enorme traballo e a súa dedicación toda a mañá pintando as caras dos nosos nenos e nenas. Canto disfrutaron e qué lindos estaban!!. Graciñas Lara
DIA DA PAZ 2016
Para celebrar o día da Paz, este ano "sementamos" flores para facer o noso horto da paz, logo no recreo saímos a ver as mensaxes e xuntos celebramos este día. O noso desexo dende Domirón: paz no mundo e en cada un de nos.
Se queres ver o video en pantalla completa, preme aqui
ARTE NO OUTONO
Este curso, no outono, fixemos composicións artísticas con elementos naturais que os nenos/as trouxeron á escola , quedáronnos moi moi chulas, a que si?? Tamén veredes as cabazas que preparamos para o Samaín.
Se queres ver o video en pantalla completa prema aqui
Certame Intercentros 2014
O pasado día 6 de maio do 2014, as/os nenas/os da Escola de Domirón participaron no Certame con dúas cancións: A Vaca Marela, e Eu Teño Unha Casiña Branca, estas foron as súas participacións:
Eu Teño Unha Casiña Branca:
A Vaca Marela:
Esperamos que vos gusten.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »