Iguala-T

25 N : EN PRIMARIA AS UNLLAS MORADAS

O alumnado de primaria que o desexou pintou as unllas de cor morado para conmemorar esta data.

ACTIVIDADES 25 N

Para conmemorar o 25 N o alumnado de educación infantil traballou o conto de "Arturo e Clementina" , na escola do Val presentámolo mediante un conto teatralizado co axuda da tartaruga Clementina. Analizamos o conto, e elaboramos unhas tartarugas baixo o lema " Contra a violencia, verbas de corazón"

ACTIVIDADES 25 N

Outra das actividades que fixemos foi pintar todos aqueles que quixeron as unllas de cor morado e colaboramos na elaboración da pancarta con Ed primaria baixo o lema " cambiar as cousas está nas mans de tod@s"

 

25 N

CELEBRAMOS O 25 N CO CONTO DE PEPUKA, ELABORAMOS UNS LENTES PARA QUE NINGUEN CHE BORRE O SORRISO E CONFECCIONAMOS UN GRAN MURAL DE BOLBORETAS PARA VOAR LIBRES

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO

Neste 25N as escolas do CRA conmemoramos o día en contra da violencia de xénero. Para iso limos o libro de "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa".

É a historia dunha boneca que se namorou dun mostruo, fixéronse parella e a partir dese momento todo cambiou, comezaron os insultos e as faltas de respeto cara ela o que fixo que perdera o seu sorriso.

Despois da lectura do conto elaboramos unhas gafas moradas cor do 25 N coa mirada vermella como a cor favorita de Pepuka para devolver esos sorrisos roubados e facernos fortes contra a violencia de xénero e todo aquel que nos queira levar o noso sorriso.

OBRADOIRO DE CORRESPONSABILIDADE

@S NEN@S DE 6º DE INFANTIL ESTÁN PARTICIPANDO NO OBRADOIRO DE CORRESPONSABILIDADE, QUE CONSTA DE 4 SESIÓNS

 

1º SESIÓN

NESTA PRIMEIRA SESIÓN CADA NEN@ PRESENTOUSE, ANALIZARON O SIGNIFICADO DA PALABRA CORRESPONSABILIDADE, REFLEXIONARON SOBRE DISTINTAS TAREFAS DA VIDA COTIÁ E OS XOGUETES QUE SE EMPREGAN.

         
   

 

2º SESIÓN

NESTA SESIÓN @S NEN@S, ESCOITARON ATENTAMENTE O CONTO DE MARUXA, DEPOIS CADA NENO/A CO SEU MANDIL  FIXERON PASTA DE SAL, PRIMEIRO VIRON TODOS OS INGREDIENTES NECESARIOS E LOGO A AMASAR.

 

 

 

3º SESIÓN

NESTA SESIÓN COMEZARON FACENDO XOGOS DE MÍMICA SOBRE TAREFAS DO FOGAR E LOGO PUXÉRONSE MANS Á OBRA PARA FACELAS DE VERDADE, EPAREXAR CALCETÍNS, POÑER A MESA, COLGAR A ROUPA, ETC


 

  

 

4º SESIÓN

NESTA CUARTA E ÚLTIMA SESIÓN COMEZARON COA LECTURA DO CONTO " ROI QUERE SER MAMÁ", REFLEXIONANDO DA IMPORTANCIA DA CORRESPONSABILIDADE NOS COIDADOS E DESPOIS ENTRE TODOS ELABORARON UN GRAN MURAL, O RESULTADO FINAL FOI XENIAL!!!!

 

  

 

 

 

 

Distribuir contido