Convive-T

XOGOS EN FAMILIA III

As mamás de Thiago e Izan de 6º de EI pasaron un ratiño con nós xogando a diversos xogos de mesa que trouxeron das súas casas: imans, pilla pilla ratón,building blocks pelusas, xogos de cartas,little cooperation . Encantounos xogar con todos estes xogos novedosos.

XORNADA DE CONVIVENCIA FAMILIAS, NENOS E NENAS PARA A CONFECCIÓN DOS DISFRACES DO ENTROIDO 2024

Moitísimas grazas a nais, pais, avoas... por esta xornada de convivencia onde entre todos e todas progresamos moitísimo na confección dos disfraces. En equipo fixemos unha gran cantidade de traballo e os nenos e nenas puideron pintar os seus peixes na compaña dos seus familiares.

XOGOS EN FAMILIA

As mamás de Martina e Thiago de 5º de EI viñeron a ensinarnos uns xogos moi divertidos e pasaron un tempo xogando c@s nen@s da aula: os monos, Jenca, o lince, o pirata... un tempo estupendo no que gozamos moito e recordamos a importancia das normas nos xogos, saber compartir, saber gañar e perder,etc

MAGOSTO NO CRA

Desta vez toca xuntarse e celebrar. É o momento de reencontrarnos e alimentar ese sentimento de cole grande que somos.

Nesta ocasión en Sedes celebramos o Magosto con xogos, bailes, bolos preñados que nos trouxo a ANPA e as bonitas historias de natureza de Anxo Moure.

Xa estamos agardando a seguinte!!

XOGOS EN FAMILIA

Seguindo a liña que comezamos o ano pasado dos xogos de mesa, este curso as famlias son as encargadas de vir as aulas para xogar cós nen@s, ensinádolles algún xogo que teñen nas súas casas e tamén xogando cós que temos no cole. Este día foi a nai de Claudia de 5º de EI.

CONTACONTOS COMIGO

E con esta familia damos por rematada esta actividade que sempre resulta tan exitosa, moitas grazas a todos os que adicastedes un ratiño para  poder compartir tan bos momentos mergullándonos en diferentes aventuras a través dos contos.

                                                                                        ESPERÁMOSVOS O VINDEIRO CURSO!!                              

                                      

CÓMIC- 5º INFANTIL-VAL

No terceiro trimestre empregamos o  Cómic como recurso para traballar a resolución de conflitos.

Lemos cómics, vimos as súas partes( tipos de bocadillos ou globos, onomatopeias e viñetas).

Partimos dos distintos tipos de bocadillos con emocións, estados de ánimo e accións negativas ou positivas.

 E entre tod@s decidimos que conflitos queremos representar nas esceas das nosas viñetas.

Pasámolo xenial, aprendimos moitas cousas e enganchámonos os cómics...

polo que decidimos retomar este tipo de texto para o vindeiro curso.

Aquí tedes o resultado, esperamos que vos guste tanto como a nós!

 

CONTINUARÁ...

 

XOGOS COOPERATIVOS

A través dos xogos cooperativos favorecemos cualidades como a escoita, comunicación,  o diálogo e a empatía.

Primeiro elaboramos uns pasos para guiar  a posta en práctica de xogos coopertivos que deixamos plasmados nun póster. Despois dividímonos e a xogar!!!

 

Xogos de mesa

Durante o curso os xogos de mesa foron un elemento para traballar e asentar aspectos fudamentais da convivencia como son: a cooperación, respetar os demais e o turno no xogo , a capacidade de autoxestión para saber gañar e perder, axudar @s outr@s, etc.

   

 

Distribuir contido