Domirón
XOGOS EN FAMILIA
Esta semana comezamos, na escola de Domirón, cunha das actividades onde abrimos as portas ás familias para pasar un tempo con nós, algo que as nenas e nenos viven con moita emoción. A proposta deste ano é coñecer e desfrutar de diferentes xogos de mesa, considerándoos como un recurso moi completo onde se traballa: a atención, cooperación, a estratexia, tolerancia á frustración...
Na aula de 3 anos tivemos a nai de Blanca e de Julia, con elas xogamos: ao bingo, memori de animais, xogo cooperativo de caperuchiña vermella e outro que se chama Little circuit.
E na aula de 5 anos, grazas ás nais de Fran e Noa, desfrutamos de xogos como: Catch it!, Antón zampón, memori e contando monstruos.
Graciñas a todas elas por encher as aulas de tanta diversión!
ALUMNAS EN PRACTICAS
O venres despedimos a Paula e Nuria, as nosas alumnas en prácticas da UDC.
Graciñas por elixir o CRA de Narón e por encher de tanto amor o corazonciño de todas as nenas e nenos da escola.
Sempre seredes benvidas!
VISÍTANOS UNHA MARISCADORA
Seguindo co proxecto do mar, este xoves recibimos a visita de Lena que é MARISCADORA, para aprender con ela cousiñas da súa profesión. Explicounos como pon a vestimenta, as ferramentas que usa e en que consiste o seu traballo. Pertence a confraría de Cedeira, e vimos un vídeo onde a entrevistaron, xunto coas súas compañeiras, mentres estaban mariscando. Para rematar, vivimos a experiencia de buscar berberechos que traía agochados na area.
Graciñas a familia de Julia, por facer isto posible.
EXPERIMENTOS
Continuando co noso PROXECTO DA AUGA, as mestras prepararon tres experimentos diferentes:
Experimento 1. Que obxectos flotan e cales non?
Experimento 2. Probamos que pasaba se metíamos un ovo en agua doce e salgada. En cal flotará?
Experimento 3. Auga, un bote de cristal, colonia e unha vela. Que pasará?
As nenas e nenos da escola, foron rotando por todos eles e pasárono xenial!
INVESTIGACIÓN SOBRE O PROXECTO DA AUGA
Comezou o noso proxecto!
Grazas á colaboración das familias, puidemos observar a través do microscopio diferentes mostras de agua: de mar, de río, de charcos, da choiva etc.
Foi unha experiencia moi enriquecedora!
BENVIDOS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS DE 3 ANOS
Comeza unha nova etapa para os peques de 3 anos, ao premer na seguinte imaxe podedes ver nun vídeo algunhas das cousiñas que foron facendo ao longo deste tempo. Pouco a pouco fóronse familiarizando cos espazos, mestres, materiais e rutinas de aula, ademais de compartir moi bos momentos cos novos amiguiños e amiguiñas.
Cada día é unha nova aventura que intentaremos desfrutar ao máximo!
INICIO PROXECTO MAR ABERTO
Para comezar o proxecto anual do centro. "Mar aberto" Bufiña trouxonos a cada un unha mensaxe motivadora nunha botella. A mensaxe era da familia para o neno/a para darlle ánimos para ter un bo curso. As botellas estaban agochadas pola clase e tivemos que atopalas. Unha vez atopamos a nosa decorámola con area, cunchiñas e pegatinas mariñas. Xa temos forza para coller o curso con ganas!!!
Aos poucos días apareceu unha carta de Bufiña en cada clase, onde nos pedía axuda para rescatar uns animais que estaban enterrados no areeiro do patio e levalos á zona de recuperación para que quedaran libres de novo. Non dubidamos nin un segundo en cumplir coa misión que nos propuxo a nosa mascota. Ao premer na seguinte imaxe podedes ver nun vídeo o ben que o fixemos.
Como fixemos moi ben o rescate dos animais mariños, Bufiña díxonos que xa podíamos dar un paso máis e ir a limpar unha praia e alá nos fomos a Valdoviño a limpar a praia da Frouxeira. Viñemos moi satisfeitos porque evitamos que moito lixo fose parar ao mar!!
CONTACONTOS COMIGO
E con esta familia damos por rematada esta actividade que sempre resulta tan exitosa, moitas grazas a todos os que adicastedes un ratiño para poder compartir tan bos momentos mergullándonos en diferentes aventuras a través dos contos.
ESPERÁMOSVOS O VINDEIRO CURSO!!
CONTACONTOS COMIGO
Que afortunados somos de poder contar con familias, como as que nos visitaron ao longo destas semanas, achegándonos a historias tan bonitas e contadas con tanto agarimo. GRAZAS!
CONTACONTOS COMIGO
Xa case estamos chegando ao remate desta actividade tan exitosa, pero aínda seguimos recibindo bonitas familias que comparten historias con todos nós.
GRACIÑAS!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »