Complementarias

Clases LSE.....Graciñas Lorena!!

A nosa compañeira Lorena, animouse e enviavos un video de repaso de signos en LSE, de animais, cores, medios de transporte, verbos principales e alguns signos que vos gustan....

Aproveitade para repasar e practicar...

 

O CRA Resistirá

Xa temos o resultado da montaxe, grazas a todas as familias pola vosa participación. Aqui podedes ver como quedou:

 

 

 

Na aula virtual do Centro, podedes descargar o video no cos seus cores orixinais, en sepia o con corrección de cor, esperamos que vos guste.

Moito ánimo!!

 

 

Estimadas familias:

 

Xa está ben de tanto traballo e angustias , toca divertirse un rato, e para iso traemos unha proposta: grabarlle un video duns 10 segundos de duración aproximadamente, se é máis tempo non pasa nada (sempre co móbil en posición horizontal) as nenas e nenos facendo playback, ou cun debuxo, unha mensaxe de ánimo, desfrazados, coa familia, ou o que queiran, do himno deste confinamento "Resistiré", e mandalo a vosa titora, ou a conta de correo electrónica inicroboticaval@gmail.com. Incluso podedes mandar tantos videos como queirades ata a data limite, en función da cantidade usaremos un ou varios.

 

Entre todos os vídeos recibidos faremos unha montaxe para subir a YouTube e dar ánimos a xente, e tamén para que a familia poda ver as nenas e nenos.

 

A data límite para envialo será o luns 6 de abril. Animadevos e participade!!!

 

Entenderemos qué quen mande o vídeo acepta e permite que o subamos a YouTube e a súa difusión por Internet.

 

Saúdos e moitos ánimos!!!

Volveremos a Brindar LSE

Por si votades de menos practicar a Lingua de Signos, aqui tendes signada unha das cancións creadas con motivo do Coronavirus e as súas consecuencias...veña a prácticar!!!

 

Unha Cantiga sobre o Coronavirus

Aqui deixamos unha cantiga sobre o coronavirus feita por Lidia, a profesora de Música do CRA de Monterrei

 

Susana Seivane Visitou a Nosa Escola!!!!

O 25 de maio tivemos o grandísimo pracer de coñecer e compartir unha bonita experiencia con Susana Seivane grazas ao programa edumotiva, da man da consellería de educación.

Apuntámonos para ser un dos coles seleccionados que tivera a enormísima sorte de ter a visita de Susana Seivane, xa que nos interesa moito o folclore galego e parécenos un bo exemplo de muller, galega, gaiteira e gran profesional. Cal foi a nosa sorpresa cando nos comunican que participaremos de EDUMOTIVA! Estabamos tod@s moi ilusionados coa noticia, preparamos con moito cariño as actividades e diferentes sorpresiñas que lle iamos dar a Susana. E por fin, chegou o día...

Que nervios! Esperabamos tod@s sentad@s no ximnasio a que viñera Susana Seivane e, cando apareceu co seu sorriso, quedamos sen palabras. Veu cargada de experiencias, anécdotas, aprendizaxes, cancións e sobre todo, moita alegría que nos contaxiou a tod@s.

Aprendimos todas as partes da gaita, a diferencias os sons que facía cada unha, os tipos de materiais e como non os diferentes ritmos galegos que se podían facer sonar con ela. Tamén descubrimos que as gaitas son un instrumento artesanal que, de feito, elaboran no taller Seivane ( é dicir, da familia da nosa protagonista) e quedamos convidados a visitalo ... quizais vaiamos este curso!

Coñecimos cómo foi a infancia de Susana, que instrumentos toca e cáles tocan os seus compañeiros e compañeiras de banda. Descubrimos por qué é tan famosa e xa nos informamos dos seus próximos concertos para poder vela de novo. Foi xenial compartir as súas vivencias e experiencias.

O que máis nos gustou foi que puidemos tocar unhas pandeiretas que trouxo e como non bailar e cantar coas cancións que nos ofreceu. Quedamos tod@s contentísimos e con moitas ganas de continuar ... que non rematase nunca!

Para finalizar, entregámoslle os nosos agasallos e ela firmounos tamén uns autógrafos! Foi unha actividade que recordaremos sempre con moito cariño!

Grazas por todo Susana, grazas ao programa EDUMOTIVA. Aquí vos deixamos algunhas fotos para recordar estes bonitos momentos:

E aqui podedes ver o video do día:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 

 e aqui podedes descargalo para o recordo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 

 

 

 

Ruteo en Bicicleta con Visita a Baltar

O pasado luns 17 de outubro, a Educación Primaria do Val, saimos en bicicleta a dar unha volta pola zona, con parada en Baltar para a merenda. Tivemos algun problema na organización pero grazas as nais e pais que nos acompañaron poidemos levar a actividade a cabo. Moitas grazas pola vosa colaboración.

   

Pasamos un bo dia, e os/as nenos/as pasárono moi ben...a espera de repetila máis adiante!!

De novo, moitas grazas as familias pola axuda...sen ela, non poderiamos facer a saída.

CERTAMEN INTERCENTROS 2015

Este ano o CRA de Narón participou na XXVI edición do Certame Intercentros na modalidade de expresión oral. Aqui tedes os videos das actuacións:

DOMIRÓN- 5 ANOS

 

DOMIRÓN-4 ANOS

DOMIRON- 3 ANOS

Calendario 2015

Como é costume nos últimos anos, os/as nenos/as do CRA fixeron os traballos para o calendario do ano 2015  coa temática do coidado do medio e as tres "R": Reduce, Recicla e Reutiliza, aqui tes os seus resultados:

Podes descargalo para imprimilo, temos varias opcións:

Opción 1: está en formato A4, e para imprimir e poñerlle unha espiral.

 

Opción 2: está en formato A3, para imprimir dobrar a mitade e poñerlle unhas grampas.

Opción 3: en formato A3, para poñer espiral na parte superior.

 

Esperemos que vos guste

E desexámosvos unhas boas festas.

Vémonos a volta.

Bo Nadal!!!

 

 

O Magosto 2013.

Celebrado na Escola de O Val o 8 de novembro. Participaron todas as escolas do CRA. Grazas á ANPA (que aportou leite e auga), ás nais e pais do Val que colaboraron activamente na organización das actividades, e a Protección Civil que coordinou o Plan de Emerxencias. Os case 190 alumnos/as do CRA de Narón pasárono en grande. http://www.youtube.com/watch?v=siliwyMPkLI

Distribuir contido