Skip to Content

Conmemoracións

Día de Rosalía

Rosalía de CastroAo longo da semana, o alumnado estivo a traballar a figura de Rosalía para, finalmente, o venres 23 de febreiro celebrar o seu día.

Todas as etapas educativas do centro quixeron recordar neste día a súa vida e obra, recollendo no traballo realizado as verbas máis destacadas desta gran poetisa.

Se entras no blog do Trasno Paroleiro poderás ver as múltiples actividades que se realizaron ao redor da figura desta escritora tan importante.

Retazos de entroido!

Se queres lembrar como foi o noso entroido, visita os blogs do Trasno Paroleiro e Cóxegas. Alí terás un montón de fotos nos que poidas atoparte. Búscate!

Entroido 2024: As comandas do Meco!

Comandas do meco

*Pica no documento adxunto se queres descargar a imaxe.

 

30 de xaneiro: Día da Paz

Cartel chocolatada pola pazPor segundo ano consecutivo, dende o CPI de Pontecesures, quixemos conmemorar esta data compartindo unha gran chocolata con churros. E  despois deste momento doce, que axuda a ter un mellor ánimo, tocou poñernos serios e lembrar no noso manifesto porque seguimos a celebrar esta data ano a ano. 

Podedes ver imaxes deste evento nesta nova do Trasno Paroleiro.

Agradecer á Chocolatería - churrería Las Delicias que volvera a acompañarnos este ano, ao responsable do Obradoiro de Ecopercusión que traballou co alumnado de 6º de Primaria e 2º da ESO e que amenizaron a celebración da xornada,  e tamén a todo o alumnado, profesorado e demáis persoal do centro pola súa colaboración, para que esta actividade volvera a ter tanto éxito.

Día Mundial das Persoas con Capacidades Diferentes

Cartel Dia Mundial das Persoas con Capacidades Diferentes

E co magnífico traballo de toda a comunidade educativa, conseguimos trasladar esta imaxe á realidade. Familiares, persoal de limpeza, persoal non docente, profesorado e alumnado colaboraron enchendo este gran mural coas súas pegadas; pegadas que nos recordan que axudándonos entre todos podemos conseguir unha educación inclusiva real.

MOITAS GRACIAS!!!

Mural do 3 de decembro

 

E recordade, TODAS AS PERSOAS SON CAPACES SO QUE DE DISTINTA MANEIRA.

25 de novembro

O alumnado de 5º de Educación Primaria, para conmemorar este 25 de novembro, inventou unha letra para a coñecita melodía "Tres hojitas madre" ("Inés, Inés, Inesita, Inés").

Escoitádea con atención pois mandan unha potente mensaxe que, a pesar dos esforzos feitos pola sociedade, inda non conseguimos que esas actuacións das que falan quedaran nun mal recordo.

Noraboa por esta magnífica peza musical!

 

Magosto

Como cada ano, e a pesar das condicións meteorolóxicas adversas, no centro non quixemos deixar pasar a oportunidade de celebrar o noso tradicional magosto. Pica na imaxe para acceder á nova que recolleron os compañeiros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

pictograma do magosto

Peche do curso 2022 - 2023

E para pechar o curso con ilusión, que mellor que contar coa presencia do mago Martín Camiña, que fixo abraiar a pequenos e maiores.

Mago Martin

Que teñades un bo verán e esperámosvos o vindeiro curso con forzas renovadas!

Concerto do Día das Letras Galegas 2023

O 16 de maio, para festexar o Día das Letras Galegas, celebramos un gran concerto no centro! Neste fixemos un percorrido por obras musicadas dalgunhas figuras homenaxeadas ao longo destes 60 anos de Letras Galegas. 

Esperamos que sexa do voso agrado e o gocedes tanto como nós o fixemos.

 

Letras Galegas 2023_ Francisco Fernández del Riego

Nesta edición das Letras Galegas, o homenaxeado é Francisco Fernández del Riego. No noso caso, fixemos de reporteiros para que poidades ver o noso traballo sobre a figura e obra do autor.

 

O material que empregamos foi o que está dispoñible no Seminario Galán, que nos foi de gran axuda para traballar.

Tamén agradecer a amabilidade colaboración de profesorado do centro, ademais de facer mención tanto a Lucía Touceda como Tomás Melón, alumnado da ESO que realizou a labor de reporteiro/a con gran profesionalidade. Neste sentido, tamén destacar a amabilidade de Lucía García, de 4º da ESO, que finalmente non puido participar no vídeo pero que estivo disposta a colaborar.

E para rematar de celebrar esta data tan importante para Galicia, hoxe festexarémolo cun gran concerto no que participará todo o centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut