Skip to Content

Conmemoracións

Un festival distinto: O Crebanoces

Ante a imposibilidade de reunirnos todos os cursos para celebrar o Festival de Nadal como nos cursos pasados, a proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares foi a gravación dun conto musicado: O Crebanoces, contando con todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

A música que soa pertence ao ballet de Chaivkosky, que a súa vez se basea nun conto de Hoffman ambientado na Noite de Nadal, de aí esta elección.

Agradecer a colaboración da teacher Ana e Lindsay na realización de todas as manualidades para a posta en escea.

Ademais, esta actividade interdisciplinar está directamente vinculada co proxecto anual elixido para o PLAMBE que leva por título "A música no cine".

Agardamos que vos guste e noraboa a todas e todos os artistas participantes!

  

A árbore dos desexos

O Nadal é o momento no que facemos balance das cousas boas e malas que nos aconteceron ao longo de 365 días e neste ano tan sinalado non podíamos deixar pasar este acontecemento. Mais, botando a vista atrás, o noso alumnado ten máis claro que nunca cales son as cousas máis importantes da vida; aquelas das que non queremos prescindir e as que botamos de menos cando nos faltan. 

Visita a nosa árbore dos desexos para descubrir o que queren os nosos rapaces e rapazas para este ano que está por comenzar. 

 

Gracias ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega por facernos partícipes de todos estes desexos.

25 N - Día Internacional Para a Eliminación Contra a Violencia ás Mulleres

Como cada 25 de Novembro, dende o centro quíxose conmemorar o esta data tan sinalada.

Un día no que se visibiliza arredor de todo o mundo a violencia que todavía segue a exercerse sobre as mulleres, polo simple feito de ser mulleres.

Un día no que cabe recordar todos os dereitos que como persoas temos, sen que o noso xénero importe.

Un día de revindicacións, manifestacións e reflexións.

Un día que deberíamos celebrar cada día, mais un día que quixeramos non ter que conmemorar nunca máis.

celebracion 25 N

celebracion 25 N

 

 

Día Universal da Infancia

Hoxe celébrase o Día Universal da Infancia e queremos compartir o cartel conmemorativo deste ano. Os nosos cativos e cativas merecen sen ben tratados polo que é preciso respectar os seus dereitos.

Poster do Dia Internacional da Infancia

Magosto 2020

Este ano máis que nunca, e a pesar de que a situación é complicada, non quixemos deixar de celebrar o Magosto, unha festa que nos achega ás nosas tradicións máis arraigadas. Con especial coidado, asáronse as castañas que de forma tan xenerosa aportaron as familias.

asando as castañas

Estaban riquísimas! 

E despois dunha boa ración de castañas, tocaba gozar cos xogos máis tradicionais. O brilé, os panos, os corros....volveron por un momento ao noso centro.

xogos tradicionais

Un gusto ver a felicidade nos ollos do noso alumnado! 

Gañadores do Concurso de Relatos - Samaín

Se do concurso de Samaíngañadores de Samaín

os gañadores queres descubrir,

movete rápido como o botafumeiro

e visita o Blog do Trasno Paroleiro. 

 

"Samaín, medo sen fin"

Pica na imaxe para ver os gañadores do concurso.

 

Un Samaín particular!

O alumnado de Educación Infantil e Primaria do CPI de Pontecesures celebrou este Samaín "tan particular" cun CERTAME VIRTUAL DE CABAZAS. O resultado é unha verdadeira e terrorífica marabilla!

 

 

17 de maio: Día das Letras Galegas

Como cada ano, o 17 de maio é un día de festa en Galicia. Un día para celebrar a nosa lingua, un día para recordar ás autoras e autores que xa non están pero que deixaron tras de si o amor pola nosa fala, un día para non deixar de dicir verbas no noso idioma! 

Gracias a todas e todos os que aportades a vosa semente para que esta terra siga florecendo!

 

E gracias ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) por xuntarnos nesta actividade.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Vacacións de Semana Santa

Estimados/as alumnos/as.

Dende o CPI de Pontecesures, todo o profesorado e todo o persoal non docente, recoñecemos o enorme esforzo, que dende os vosos fogares estades a facer.

Queremos recordar, que día a día, semana a semana, aínda que ninguén vos vexa, tamén estades demostrando co voso exemplo, ser unhas auténticas heroínas e heroes, dignas e dignos de admiración.

Heroínas e heroes, porque coa vosa actitude e a de toda a sociedade, tamén se salvan vidas, evitando en todo momento a propagación de contaxios, co mellor instrumento de loita, que temos ata agora, que é "Eu tamén fico na casa".

Para rematar, dende os nosos fogares, valoramos tamén a vosa implicación a unha nova forma de traballo non exenta de dificultades, que xunto co voso ánimo e forza nestes tempos de confinamento, queremos agradecer con este forte aplauso.

aplauso   aplauso   aplauso
  aplauso   aplauso  

 

Feliz descanso de Semana Santa.

O persoal do CPI de Pontecesures

Imaxes do entroido 2020

máscara de entroidoXa podes ver imaxes deste entroido no CPI de Pontecesures visitando Cóxegas, o noso blog da biblioteca, ou A aula de Bere. Premendo en leer máis deixámosvos un pequeno petisco para abrir boca.

Distribuir contido


by Dr. Radut