Skip to Content

Conmemoracións

Día de Rosalía

Recordamos á nosa poetisa coa lectura duns anacos da súa obra en prosa por alumnas do club de lectura.

FLAVIO, por Sandra
EL CABALLERO DE LAS BOTAS AZULES, por Lucía
LA HIJA DEL MAR, por Mara

 

E iso da PAZ....que é?

Para entender a que nos referimos cando estamos dicindo PAZ o grupo de teatro, formado por alumnado de Educación Secundaria e dirixidos pola profesora Luísa Mª Paz, representounos unha pequena peza a todo o centro. En catro pases da mesma obra, e con toques de humor fantásticos, conseguiron que tanto o resto do alumnado como o profesorado profundizaran no extenso do termo PAZ, facéndonos reflexionar sobre as accións que no día a día poden mellorar a convivencia.

Gracias pola vosa entrega e adicación!

(clica na imaxe para ver a representación)

Obra de teatro sobre a PAZ

Día da Paz

logo fala baixiñoNeste curso académico, e ao longo dunha semana, o alumnado e profesorado estivo experimentando co silencio. A actividade consistía na reducción máxima de ruído que se escoita nos diferentes corredores do centro, incidindo nas entradas e saídas do horario lectivo, así como nos cambios de especialidade e recreos.

Ademais puideronse visualizar, nas titorías, diferentes documentais informativos que resaltaban a importancia de reducir a contaminación acústica, o perxudicial que podía ser para a nosa saúde e invitándonos a experimentar a relaxación e concentración a través de visualizacións (pica en leer máis para acceder a algúns dos recursos).

E para que a actividade non perdera interés, creouse un pequeno xogo onde os titores valoraban, e puntuaban, ao final da xornada o nivel de ruído/silencio da súa clase para establecer ao remate da semana quenes foran os gañadores.

Deixámosche a continuación unhas fotografías das aulas gañadoras na etapa de Primaria e a relación de gañadores do concurso de relatos da etapa de Secundaria.

Entrega de diploma da paz a primeiro de primariaEntrega de diploma da paz a quintoA de primaria

Entrega de diploma da paz a quintoB de primaria Entrega de diploma da paz a sexto de primaria

Gañadores do concurso de relatos :

1º e 2º da ESO

- 1º premio: Lucía García Mosquera

- 2º premio: Ana Carril Gontán e Thalía Martínez Baleirón

- 3º premio: Lucía Quintáns Janeiro

3º e 4º da ESO

- 1º premio: Blanca García Mosquera

- 2º premio: Carmen Caldelas Magán e Lucía Lagares Casteiñeiras

- 3º premio: Lucía Vidal Rodríguez

Podes ler as súas creacións en COXEGAS

Actuacións de Nadal

Neste Nadal, o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria quixeron agasallarnos coa súa arte. Non cabe dúbida de que o fixeron xenial pero, se non nos credes, aquí tedes a mostra!

Presentacións:alumnado de 4º de Educación Primaria.

Actuacións:

  • Educación Infantil: "Van tres Reis en bicicleta" e "If I could fly like a snowflake".

 

  • 1º de Educación Primaria: "Chegou o Nadal" e "Volver a casa por Nadal".

 

  • 2º de Educación Primaria: "Árbol de Navidad" e "Turrón e Mazapán".

 

  • 3º de Educación Primaria: Remix "Feliz Navidad", "Santa Claus is coming to town", "O Apalpador" e "Xa me tardan estes magos"

 

  • 4º de Educación Primaria: "Cosas de Navidad" e "Un año más".

 

  • 4º e 6º de Educación Primaria: "Vois sur ton chemin"

 

  • 5º de Educación Primaria: Percusión corporal "Marcha Radetzky"
 

 

 foto bo nadal cos reis magos

25N - Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Neste novembro de 2019, todas as etapas educativas traballaron buscando frases, lemas, slogans... para alzar a voz no día de hoxe e condenar a violencia de xénero. Con todas elas, realizamos un mural. O profesorado realizou unha minuciosa selección, e elixiu 3 lemas que plasmamos en pulseiras de cor morada, que se repartiron entre o alumnado. 

RESPECTO e IGUALDADE deben ir da man, para loitar e erradicar a violencia de xénero, e que nun futuro, ogallá que próximo, non sexa preciso conmemorar esta data. Mais, polo momento, levaremos a cabo co noso alumnado, as iniciativas que sexan precisas.

Conmemoración do 25 de novembro

Celebración do Samaín e o Magosto

O pasado 30 de outubro celebramos conxuntamente o Samaín e o Magosto. Truco ou trato, cortos e contos de terror, castañas, xogos,...e moita, moita diversión foron o fío condutor desta xornada.

 

VII Certame do Samaín

Cartel do VII Certame do Samaín

Por séptimo ano consecutivo, volve ao CPI de Pontecesures o  Certame do Samaín para que o alumnado poida participar achegando as súas creacións.

Relatos, comics, vídeos, debuxos...encheran de novo o centro para que poidamos gozar da "terrorífica" creatividade das rapazas e rapaces do centro.

Se queres saber como participar soamente tes que consultar as bases que podes descargar no documento adxunto.

 

Anímate e fainos pasar moito medo!!!

Letras galegas 2019

Cartel promocional Día das Letras Galegas 2019

Como sabedes, este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas, un grande defensor da nosa lingua e cultura.

Con motivo desta celebración, o 17 de Maio é un día de festa para toda a comunidade galega e é por iso que o centro permanecerá pechado desde venres 17 de maio ata o vindeiro luns 20 de Maio. 

Retomaremos novamente as clases o martes 21 de maio

Deixámosvos a continuación unha recopilación do proxecto realizado polo alumnado de 2º de Educación Primaria e que, con tanto esforzo e adicación, conseguiron rematar para poder amosarllo a todo o mundo! Esperamos que vos guste!

 
Feliz Día das Letras Galegas a tod@s!
Distribuir contido


by Dr. Radut