Skip to Content

Novas

Máscara no exterior

logo covidEn relación ao uso da máscara no exterior, o venres 18 saíu unha resolución da Consellería de Sanidade e Educación que dí, que xa non se recomenda o uso de máscaras ao aire libre nos centros educativos. Para facilitar o proceso nos interiores do centro establécese que:

1. Nas entradas aos edificios a leven posta coma sempre antes do comezo das clases.

2. Nos recreos o alumnado de infantil, primaria e ESO poderán estar sen a máscara. No caso de infantil e primaria a quitarán e colocarán na aula e na ESO farano fóra do edificio.

3. Nas saídas dos edificios poderán sacalas excepto cando vaian no transporte.

Se algunha familia, pola razón que sexa, prefire que o seu fillo/a manteña a máscara no exterior, comuníqueo ao profesorado titor. Esta medida comezará a aplicarse a partir do martes 22 inclusive.

 

Pode consultar o comunicado conxunto da Consellería de Sanidade e Educación no ficheiro adxunto.

Nota informativa - COVID

logo covidA Consellería de Sanidade publicou, neste mes, dous documentos de interese para a Comunidade Educativa:

1. Unha nova edición do Protocolo de Vixilancia e Control Epidemiolóxico fronte ao virus SARS-CoV-2 (COVID-19) no ámbito educativo non universitario de Galicia.

2. Protocolo para a detección de infección polo SARS-CoV2 con test rápido de antíxeno en saliva en centros de Educación Primaria.

 

Como axuda, para realizar o tes de antíxeno, poden visualizar o procedemento clicando no seguinte enlace, pero para un uso correcto sigan principalmente os puntos 4.3, 4.4 e 4.5 das instrucións do protocolo anterior.

 

Adxuntamos nesta nova os documentos descritos anteriormente.

Aviso de apertura da biblioteca

logo covid NOTA INFORMATIVA:

Dada mellora da situación epidemiolóxica, dende hoxe luns, 8 de marzo, reanúdase polas tardes o uso da biblioteca.

 

O Equipo Directivo

Beneficiarios do reparto de máscaras

logo covid Estimadas familias,

Dende a dirección do centro queremos informarvos que todo o alumnado beneficiario do cheque de material, recibirá as máscaras, por parte do centro segundo marca a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/2021 (código de procedemento ED330E)

O Equipo Directivo

Imos a vencer!

O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria comenzou con moita enerxía este curso. 

En 2º inventaron esta divertida ladaíña para lembrar mellor as normas deste curso: botar xel, desinfectar as mans, manter a distancia interpersoal e levar a máscara ben colocada.

 

E desde 4º ofrécennos este rap para lembrarnos as normas que debemos seguir para non contaxiarnos. Son fenomenais!

 

Tal foi o éxito destas magníficas creacións que ata O Principiño quixo unirse para darnos os seus consellos. Podes velos no arquivo adxunto!

imaxe do principiño

Aviso familias do alumnado da ESO

CIRCULAR INFORMATIVA

 

1. Comunicamos que houbo un positivo por COVID-19 entre o profesorado da ESO e en consecuencia, 7 docentes estarán en illamento preventivo.

 

2. Dende o Sergas, no seu momento, soamente se pediron datos dos 7 docentes da ESO pero non do alumnado, cumprindo o centro con todo o esixido polas autoridades sanitarias.

 

3. Con independencia da ausencia do elevado número de docentes da ESO, na semana do martes 13 ao venres 16 de outubro, prestaremos coma sempre a máxima atención do alumnado, polo que pregamos o voso apoio e máxima comprensión.

 

Cumprirase co HORARIO HABITUAL en cada unha das aulas da ESO.

 

4. En todo caso, se xurdisen outros imprevistos que, sumados aos anteriormente expostos, puidesen afectar á atención do alumnado, informaremos por este medio dos cambios que proceden.

 

Atentamente.

O Equipo Directivo

REPARTO DE MATERIAL (libros de texto - ordenadores)

material escolarAVISO ÁS FAMILIAS

A próxima semana, de luns 27 a mércores 29 de abril ao longo da mañá, coa colaboración do Concello, levaremos aos fogares os libros de texto que quedaron nas aulas, con motivo do Estado de alarma. Tamén se fará a distribución dos ordenadores dispoñibles, conforme a información dos cuestionarios enviados polas familias, ás que damos as grazas de antemán.

Atentamente.

O equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut