Skip to Content

Proxectos

Certame Intercentros - XXVI Edición

Un ano máis, celébrase o Certame Intercentros, que reúne aos centros educativos de Pontecesures, Valga e Catoira, para conmemorar o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión encárgase da organización do mesmo a ANPA do CPI de Pontecesures.

Deixámosvos o enlace á nova recollida no Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega "O trasno paroleiro".

Certame Intercentros

Fai viral a POESÍA!

Neste curso, o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega quixo ofrecernos un abano máis amplo para este reto que está a ser xa unha celebración clave no noso centro.

Díptico Fai viral a POESÍA

Podes descargar o díptico no documento adxunto.

Gañadoras e gañador do concurso "Está de medo"

Xa se coñecen as persoas gañadoras do concurso "Está de medo". Queremos darlles a noraboa polo seu magnífico traballo e tamén ao resto de participantes pola súa gran labor.

Para descubrir quenes son preme na seguinte imaxe.

Carteis samaín

2ª Edición do concurso "Está de medo!"

Xa podes ver no Blog do Trasno Paroleiro os traballos realizados polo alumnado en canto á participación no concurso. 

En breve poderemos saber quenes son as gañadoras e gañadores desta edición.

Moita sorte a todas e todos!

No pasa nada

O alumnado de 1º de Educación Primaria contoulle o conto "No pasa nada", de Xabi López, ás rapazas e rapaces de 2º da ESO.

 

E para que ninguén perda nin un so detalle deste magnífico conto, deixámosvos un vídeo onde o alumnado de 1º narra a historia á vez que pasan cada unha das súas páxinas.

 

Concurso de marcapáxinas

Cartel concurso marcapaxinas

Para celebrar o Día da Poesía e o Día do Libro, dende o Equipo de Biblioteca ofértannos a participación nun concurso de marcapáxinas, no que convidan a participar a todo o alumnado.

Se clicas no adxunto terás toda a información deste concurso.

I Concurso de Fotografía Meditativa

Vistas das torres da igrexa

O venres, 10 de febreiro de 2023 celebramos o acto de entrega de premios do I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDITATIVA, organizado polo Equipo de Convivencia do centro.

O xurado aproveitou para dar parabéns a todas as participantes, pola calidade dos seus traballos e a profundidade das reflexións que acompañaban a algunha delas e animounas a particpar en vindeiras edicións.

A fotografía gañadora leva por título: Mi pueblo inspiración e a autora é Helena Bermúdez Barreiro de 1º de ESO. Parabéns Helena! Desfruta da túa nova cámara!!!!

 

Tamén participaron e recolleron o seu agasallo e diploma de participación:

 

-Gabriela Correia Silva (1º de ESO)

-Zoe Pereiras Ríos (1º de ESO)

-Xiana Blanco Fernandes (2º de ESO)

-Verónica Freiría Caldelas (2º de ESO)

-Sara Liñares Blanco (3º de ESO)

-María Rodríguez Domínguez (3º de ESO)

-Helena García Tocino (3º de ESO)

 

 

Podes ver na presentación todas as fotografías desta edición.

 

I Concurso de Fotografía Meditativa 

Encontro con Susa Herrera

Esta semana visitounos, na biblio do cole, a gran Susa Herrera. O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria pasámolo xenial cantando e bailando con ela os seus "Cantos animais".

Se alguén quedou con gañas de seguir cantando na casa, podedes atopar o seu libro en cantosanimales.libroslar.com

Alumnado con Susa Herrera

Recollida de premio do I Concurso de fotografía sobre a Meteoroloxía

Este luns o alumnado de 4º de Primaria acudeu ao CEP Xesús Ferro Couselo para a recollida do premio do I Concurso de Fotografía sobre a Metereoloxía, do cal a nosa aula resultará gañadora na categoría de non alumnado. O recibemento foi moi bo, primeiro ensinaronnos o seu patio no cal aprobeitamos para xogar cos nosos  anfitrións, despois  pasamos a gala de recollida de premio. O premio foi xenial unha axenda, unha chapa e marcapáxinas para cada un/ha. Para toda a aula recibimos un diploma, dous libros sobre meteoroloxía e un xogo de ciencia sobre a metereoloxía. Non agardamos o momentos de utilizalos. e finalmente invitaronnos a unha merenda moi rica de froita e Palomitas !!! E tuvemos outro ratiño de xogo! Que ben o pasamos ! Esperemos volver a repetir esta experiencia tan boa.

I Concurso de Fotografía sobre a Meteoroloxía 

 

Gañadores do Concurso de Fotografía

Imaxe do concurso de fotografíaO alumnado de 4º curso de Primaria participou no Concurso de fotografías do noso colexio veciño, o CEP Xesús Ferro Couselo, o cal consistía en mandar unha fotografía que estivese relacionada coa metereoloxía asi como porlle un título a mesma. Esta subiríase a rede social do CEP Xesús Ferro Couselo e a que tivese máis Me Gusta sería a gañadora.

A aula de 4º participou coa seguinte fotografía:

https://www.instagram.com/p/CnRbXGkMDEp/?igshid=YmMyMTA2M2Y=


E, finalmente... resultaron GAÑADORES!!! 

https://www.instagram.com/p/CndD5HcswID/?igshid=YmMyMTA2M2Y=


Nos vindeiros días acudirán a recoller o premio e coñecer aos nosos compañeiros e veciños do colexio de Valga.

Distribuir contido


by Dr. Radut