Skip to Content

Proxectos

Exposición "Vidro e Camelias"

A exposición "Vidro e Camelias" chegou ao centro da man da familia dunhas das alumnas do noso centro. Nela puidemos gozar do traballo feito a man e das habilidades que amosan coa súa dedicación. Estamos seguros de que conseguiu espertar admiración entre o noso alumnado.

Expositor coas obras de "Vidro e Camelia"

Apadriñamento lector

O pasado 29 de marzo, alumnado de 1º da ESO fixo o seu apadriñamento lector a Educación Infantil, interpretando o coñecido conto "Cocorico". 

Teatro Cocorico para Educación Infantil

Recomendacións lectoras

Como cada ano, o Equipo de Biblioteca quere agasallarnos coas súas recomendacións lectoras. Seguro que entre todas elas podes atopar un deses libros que farán que a túa imaxinación voe alto e que as horas pasen sen apenas decatarte.

 

3º Reto da Biblioteca - RESOLUCIÓN

Xa está en marcha o novo reto que nos propoñen desde a Biblioteca. Anímate a participar! Esperamos a túa resposta.

Reto Biblioteca

 

Clica neste enlace para ver a resposta.

Antes de que cuente 10 - 4º ESO

Se todavía non gozaches desta actuación do alumnado de 4º da ESO é o momento de facelo! Verás que gran traballo fixeron con esta canción de Fito!

 

Novembro, o mes da ciencia en galego.

O alumnado de 2º de Primaria confeccionou a maqueta dun volcán e, despois de practicar e experimentar na súa aula, visitaron a aula de 1º para ensinarlles este experimento. Foi tan emocionante, que o alumnado de 1º de Primaria tamén quixo facer erupcionar este inofensivo volcán.

Se visitas o Blog do Trasno Paroleiro podes ver as fotografías e vídeos que amosan esta magnífica actividade.

Resolución ao Segundo Reto da Biblioteca

Despois de investigar e recoller información, por fin sabemos quen acertou a resposta ao segundo Reto da Biblioteca.

Visita o seu Blog para saber quenes foron os acertantes.

Charlas sobre Igualdade

Grazas á colaboración do Concello ao longo desta semana foron impartidas nas aulas de Primaria, Secundaria e no ximnasio para os máis pequenos charlas e sesións de contacontos sobre as seguintes temáticas da igualdade.

- As emoción e o Bullying.

- Que ves no Youtube?

- Contacontos sobre a Igualdade.

Visita o Blog da Biblioteca ou do Trasno Paroleiro para ver as fotografías.

 

Mulleres que falan

Entre os días 11 e 19 de novembro, tivemos o privilexio de contar na biblioteca do centro coa exposición "Mulleres que falan" que nos cedeu o Concello.

Podes visitar o Blog da Biblioteca ou do Trasno Paroleiro para acceder á exposición.

Exposición Mulleres que Falan

Rianxeira & Jealousy - Dous cursos, dúas cancións!

O alumnado de Secundaria faino de novo! Despois de moitos ensaios, volven a deleitarnos coa súa música.

Por un lado, as alumnas e alumnos de 2º da ESO optaron por amosarnos a música máis enxebre e tradicional coa interpretación da Rianxeira. E por outra banda, escoitamos Jealousy, Jealousy (Olivia Rodrigo) da man de alumnado de 3º da ESO.

Deixámosche os vídeos a continuación para que poidas gozar destas magníficas actuacións.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut