Skip to Content

Proxectos

Rojitas las orejas - 1º ESO

O alumnado de Educación Secundaria volve a sorprendernos coas súas habilidades musicais. Nesta ocasión é 1º da ESO o que nos agasalla cunha versión de "Rojitas las orejas" de Fito & Fitipaldis.

Noraboa polo traballo!

 

2º Reto da Biblioteca

Chega o segundo reto da biblioteca. Serás capaz de atopar a solución?

Segundo reto da biblioteca

 

(Clica na imaxe para acceder ao blog da biblioteca e ler o reto)

Rolling in the Deep

Alumnos e alumnas de 3º da ESO xunto con David, o profesor de música, prepararon esta magnífica versión do Rolling in the Deep de Adele.

Noraboa polo traballo realizado!

Agardamos que volvades a deleitarnos con outra peza en vindeiras ocasións.

 

Vai de RETOS. "As historias da Historia"

Durante este curso 2021-2022 o centro desenvolverá o proxecto "As historias da Historia" que nos achegarán curiosidades, anécdotas, lendas,...

E para empezar, tanto o Equipo de Dinamización da Lingua Galega como o Equipo de Biblioteca propóñennos sendos retos para que nos vaiamos adentrando nesta temática.  Pica en cada unha das imaxes para saber en que consisten!

Reto EDLG            Equipo Biblioteca

 

Teatro no CPI de Pontecesures

A pesar de todas as restriccións que a pandemia do COVID trouxo ao noso centro, o alumnado non quería abandoar as boas costumes. O teatro forma parte da vida do noso alumnado, e inda que moitas veces facemos as función de espectadores nesta ocasión tocounos ser protagonistas e agasallar ao resto das clases co noso traballo. 

Ábrese o telón!

  

 

Sexto canta "L´Oiseau Et l´Enfant"

Despois dun curso aprendendo un novo idioma, que mellor forma de celebralo que a través da música. É por iso que o alumnado de Sexto de Educación Primaria ofreceunos unha actuación na que cantaron "L´Oiseau Et l´Enfant" cun coro moi especial: os rapaces e rapazas de 1º de Primaria!

Esperamos que o vos guste!

 

Apoiamos ao CPI de Pontecesures.

O CPI de Pontecesures ven de participar no Concurso "Cantamos con las manos" da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Despois de ensaios e moitos esforzo conseguimos que Xela Arias tamén trasmitira o seu sentimento non so coa música de A Banda da Loba, senon coas mans do noso alumnado.

Agora precisan da vosa axuda para escalar postos neste concurso. Picando na imaxe accederás á páxina da FAXPG e poderás votar* o vídeo que che deixamos a continuación para que poidas disfrutalo. 

*Para facer a votación deberás identificarte accedendo a unha das túas contas de correo.

 

 

 

FAXPG

 

Vota antes do xoves para que se contabilice o teu!

 

O sistema solar en 1ª de Educación Primaria

O alumnado de 1º de EP elaborou os sistemas solares coa axuda das súas familias. Aquí podes ver unha mostra do resultado.

debuxos do sistema solar de 1º de Primaria

 

Se picas en ler máis poderás ver as imaxes amplificadas.

Un novo mural no CPI de Pontecesures

As escolas son espazos de aprendizaxe nos que toda a súa contorna é importante. Sabemos que non so se ensina nas aulas senón que todos os lugares son un bo sitio para deixar unha pegada de coñecemento; pegada que nos acompañará ao longo do tempo e que nos fará reflexionar máis alá do que se recolle nos libros de texto.

É por iso que, neste curso académico, empregaremos novamente o exterior para deixar reflectidos, nun mural, contidos de vital importancia para o desenvolvemento integral non so do alumnado senón de toda a comunidade educativa.

Temática proposta para o mural

Últimas horas para facer viral a Rosalía!

rosalia de castroQuedan poucas horas para que sigan visibles os vídeos do concurso Fai viral a Rosalía! e queremos animarvos a que deades un último empuxón a ese voso vídeo favorito 

Desde o EDLG queremos agradecer a magnífica participación neste concurso así como o esforzo posto en cada un dos vídeos realizados. Xa facía moito tempo que Rosalía non estaba tan presente en Pontecesures como nestes días e iso é soamente grazas a vós.

Mañá procederase ao peche público dos vídeos para facer o reconto estadístico das visualizacións, recollendo os datos reais dentro da canle de youtube do trasnoparoleiro.

A vindeira semana publicaranse os premiados en cada categoría así como  a suma total de visualizacións que se conseguiron entre todos os vídeos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut