Skip to Content

Proxectos

A Fábrica de Instrumentos

A mestra Andrea, a teacher Ana e o seu alumnado puxéronlle moito empeño para que a música e a arte non deixe de estar presente nas nosas vidas. Traballaron arreo para amosarnos que entre nós hai grandes artistas ocultos!

 

FÁBRICA DE LUZ!

Nestes momentos tan difíciles, dende o CPI de Pontecesures, queremos enviar unha MENSAXE DE ÁNIMO a todo o noso alumnado.

Con este vídeo, adicado a todos vós, desexamos que sintades o noso agarimo, esperando que poidamos volver a vernos o máis pronto posible e así, entre todos, pasar o tempo...

FABRICANDO LUZ!

 

Feliz Día do Libro

O centro, e en especial o equipo de biblioteca, quere agradecer a vosa participación na actividade proposta para o Día do Libro.

Profesorado e alumnado quixemos celebrar así este sinalado día!

 

E para darvos novamente as gracias, o equipo quere agasallarvos cun libro.

Pica aqui para poder acceder el.

Se queres verte moito mellor, visita o blog da biblioteca. Poderás agrandar o vídeo a toda pantalla!

Día do libro

nena lendo

O xoves 23 de abril celébrase o

Día do Libro.

Pedimos a participación

de alumnado e profesorado

en dita actividade,

enviando unha foto co libro

que estades a ler á seguinte

dirección de correo electrónico:

Afactoriadabiblio@gmail.com

A data límite de entrega é

o vindeiro mércores 22 de abril.

Grazas pola vosa colaboración e

esperamos que vos animedes.

neno lendo

Iniciación á robótica

O venres 24 de xaneiro, o alumnado de 2º de Primaria iniciouse nas actividades de STEM, un obradoiro impartido polo coordinador do Centro de Robótica de Galicia. Estas actividades conxugan varias disciplicas como poden ser as ciencias e as matemáticas, traballándoas a través da tecnoloxía. Neste caso, empezaron a empregarse os escornabots, uns pequenos robots que fan que o alumnado desenvolva non so a súa imaxinación e creatividade, senón o uso da lóxica e razoamento para resolver os retos propostos.

Iniciación á robótica

Charlas do Plan Director

Un ano máis, o centro ven de participar nas charlas do Plan Director, unha actividade deseñada para traballar a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, e que imparte a Garda Civil.

Nesta ocasión, os venres 10 e 17 de xaneiro, o alumnado do centro asistiu aos seguintes relatorios:

- 5º de Educación Primaria: Acoso Escolar

- 6º de E.P. e 1º da ESO: Drogas e Alcol

- 2º, 3º e 4º da ESO: Violencia de Xénero

Todas estas temáticas teñen incidencia no día a día do noso alumnado, directa ou indirectamente, e é preciso dotalos da maior información posible, para que así poidan afrontar calquera situación que se lles presente.

Charla Plan Director

Visita ao Belen de Porto (Pontecesures)

Antes de empezar as vacacións de Nadal, o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria visitaron o Belén Artesanal de Porto (Pontecesures). Ali puideron comprobar que con esforzo e con materiais do máis naturais pódese facer un magnífico Belén. Bo traballo veciñas e veciñas!

Alumnado no belén de Porto

Felicitación de Nadal do alumnado de Infantil

O alumnado de Educación Infantil quere desexarvos un Bo Nadal e un Feliz 2020.

Esperamos que disfrutedes do seu traballo!

 

Estamos de estrea!

Neste curso 2019 - 2020 o Equipo de Dinamización da Lingua Galega estrea novo blog. Se queres visitalo soamente tes que picar na seguinte imaxe.
 

novo blog do trasno paroleiro

Escola de Música de Pontecesures

Un ano máis a Escola de Música de Pontecesures brindounos a todo o centro unha gran actuación onde puidemos gozar de diferentes instrumentos, así como da voz dunha das súas profesoras.

Versións musicais, improvisacións, coreografías e sorpresas inundaron o ximnasio do CPI de Pontecesures.

actuación da escola de música de pontecesures

Estamos seguros de que o noso alumnado quedou con ganas de mais!

Distribuir contido


by Dr. Radut