Skip to Content

Accións

Escola de Nais e Pais

Cartel da Charla infomativa da Escola de Nais e PaisDentro das actividades propostas para a Escola de Nais e Pais organizouse, para o vindeiro luns 18 de marzo ás 20:00 h, unha charla formativa para familias que abordará a problemática do uso tecnolóxico. Nesta abordaranse temáticas de especial interese como son os diferentes riscos na rede; as medidas de prevención que, como responsables de menores, se poden tomar; as idades recomendadas así como os tempos; e o establecemento de normas de uso.

Esta charla terá lugar no Concello de Pontecesures.

 

Pode consultar máis información nos ficheiros adxuntos, onde atopará tanto o cartel da actividade como unha nota informativa.

25 de abril, Día Internacional para a loita contra o maltrato infantil.

O obxectivo desta efeméride é visibilizar a Violencia contra a Infancia e o impacto que ten nos nenos e nenas e concienciar a sociedade sobre a necesidade da súa protección.

Grazas María por este excepcional agasallo!

cartel maltrato infantil feito por  María Rodríguez,

Cartel realizado por María Rodríguez Domínguez, 3º ESO

I Concurso de Fotografía Meditativa

Vistas das torres da igrexa

O venres, 10 de febreiro de 2023 celebramos o acto de entrega de premios do I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDITATIVA, organizado polo Equipo de Convivencia do centro.

O xurado aproveitou para dar parabéns a todas as participantes, pola calidade dos seus traballos e a profundidade das reflexións que acompañaban a algunha delas e animounas a particpar en vindeiras edicións.

A fotografía gañadora leva por título: Mi pueblo inspiración e a autora é Helena Bermúdez Barreiro de 1º de ESO. Parabéns Helena! Desfruta da túa nova cámara!!!!

 

Tamén participaron e recolleron o seu agasallo e diploma de participación:

 

-Gabriela Correia Silva (1º de ESO)

-Zoe Pereiras Ríos (1º de ESO)

-Xiana Blanco Fernandes (2º de ESO)

-Verónica Freiría Caldelas (2º de ESO)

-Sara Liñares Blanco (3º de ESO)

-María Rodríguez Domínguez (3º de ESO)

-Helena García Tocino (3º de ESO)

 

 

Podes ver na presentación todas as fotografías desta edición.

 

I Concurso de Fotografía Meditativa 

Saída a Andorra

Alumnado de 3º e 4º da ESO, acompañados do profesorado, gozaron esta pasada semana do esquí en Andorra.

Agora que xa están de regreso esperamos impacientes a que nos conten todas as súas experiencias!

Se clicas na imaxe poderás ver algunhas das vistas das que puideron gozar.

Alumnado da excursión a Andorra 2023

Día da Paz

Este ano celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz enfocando a programación deste día dentro do conxunto de actividades que estamos a desenvolver no centro sobre a resistencia á frustración.

Dende o Equipo de convivencia planearon para ese día buscar camiños para atopar a paz interior, camiños para fomentar a paz dende dentro cara fóra-aprendendo a xestionar a frustración con mindfulness ou aproveitando os beneficios psicolóxicos, emocionais e físicos do xeito de cantar.

Se queres ver a morea de actividades que fixemos co gaio desta celebración, podes visitar este enlace do Blog da nosa biblioteca e/ou ver o seguinte vídeo.

 

Entrega de premios "Un centro cheo de orgullo"

O Equipo de Convivencia do CPI de Pontecesures organizou este curso un concurso de carteis baixo o lema "Un centro cheo de orgullo".

Con esta proposta, quixemos sumarnos todos á necesaria loita contra a homofobia.

Nos traballos atopáronse debuxos e frases cargados de mensaxe. Queremos que saibades que tanto a participación como o nivel foron espectaculares. 

E despois dunha difícil deliberación, amosámosvos este vídeo no que se recollen todos, todas e todes as persoas que foron premiadas.

Queremos agradecer ás presentadoras e presentador do acto de Infantil e Primaria, así como ás presentadoras do acto de Secundaria o seu bo facer nesta entrega de premios.

 

Concurso "Un centro cheo de orgullo"

Unha cara pintada de moitas cores

 Un centro cheo de orgullo

17 de maio: Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia

O Equipo de Convivencia, dentro das actividades de sensibilización que cada curso propón para avanzar no respecto á diversidade, convoca un certame de carteis que transmitan unha mensaxe positiva sobre a inclusión, o respecto, a convivencia entre as persoas e a tolerancia coa diversidade.

Para consultar as bases deste concurso vexa o ficheiro adxunto desta nova.

Exposición libros LGTBI

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

A celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz é unha desas datas que non podemos deixar de festexar no noso centro. A convivencia, o compañeirismo ou a empatía son valores importantes que teñen que acompañar o noso día a día. Neste curso, decidiuse que o mellor era celebralo coas nosas propias verbas, con percusión e deixandonos voar!

 

Charlas sobre Igualdade

Grazas á colaboración do Concello ao longo desta semana foron impartidas nas aulas de Primaria, Secundaria e no ximnasio para os máis pequenos charlas e sesións de contacontos sobre as seguintes temáticas da igualdade.

- As emoción e o Bullying.

- Que ves no Youtube?

- Contacontos sobre a Igualdade.

Visita o Blog da Biblioteca ou do Trasno Paroleiro para ver as fotografías.

 

Mulleres que falan

Entre os días 11 e 19 de novembro, tivemos o privilexio de contar na biblioteca do centro coa exposición "Mulleres que falan" que nos cedeu o Concello.

Podes visitar o Blog da Biblioteca ou do Trasno Paroleiro para acceder á exposición.

Exposición Mulleres que Falan

Distribuir contido


by Dr. Radut