Skip to Content

Novas

Programa de formación para as familias

O Concello de Pontecesures forma parte dun Programa de "Prevención das drogodependencias e outras condutas aditivas" e o noso colexio está a participar en dito programa.

Para previr este tipo de condutas relacionadas coa promoción da saúde (alcohol, tabaco..., así como adicións ás novas tecnoloxías) é importante un traballo coordinado entre alumnado, docentes e familias.

Dada a situación actual da COVID19, non é posible a formación presencial coas familias polo que o programa é ofertado de maneira online.

Os contidos do programa son:

  • "Mais que un teito" - dirixido ás familias do alumnado de 5º e 6º de Primaria.
  • "Mais que un teito" - dirixido ás familias do alumnado de 1º a 4º da ESO.
  • "Formación para fillos/as e pais/nais en TIC" - dirixido ás familias do alumnado desde 1º de Educación Primaria a 4º da ESO.
  • "En familia todos contan" - dirixido ás familias do alumnado de toda a ESO

Podedes atopar os programas nos ficheiros adxuntos desta nova.

No mes de maio enviaremos, a través do alumnado, unha pequena enquisa de satisfacción relacionada cos contidos deste programa.

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

Escola de Nais e Pais. Videoconferencia con Raquel Pedrouso

cartel videoconferencia 

O vindeiro 7 de abril, de 16:00h a 18:00h, o Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (CFR) xunto coa Consellería de Educación e a colaboración de Raquel Pedrouso, ofrecerá unha conferencia virtual para as familias coa finalidade de identificar, regular e expresar os estados emocionais.

 

Se se utiliza ordenador poderase acceder á videoconferencia clicando no seguinte enlace.

 

Se se emprega un dispositivo móbil ou tableta deben descargar a aplicación de Webex no Google Play (dispositivos Android) ou na App Store (dispositivos Apple).*

* Se non sabe empregar a aplicación Webex pode visualizar este titorial 

 

Formación para as familias

O Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra ofrece ás familias a posibilidade de formación gratuita no seu acompañamento ao alumnado e no coñecemento de ferramentas tecnolóxicas que enriquecen a experiencia de aprendizaxe dende os fogares.formación familias CFR

Adxuntamos nesta nova o cartel informativo facilitado dende o CFR.

Para poder acceder aos recursos podedes facelo desde o código QR ou desde o enlace que se amosa a continuación. Pica aquí.

Aquelas familias interesadas en participar nunha formación por parte dos asesores do CFR cubride o seguinte cuestionario. (CUBRIR SOLO OS INTERESADOS/AS)

Data e hora límite para cubrir o cuestionario: martes 10 de novembro, ás 16:00h.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut