Skip to Content

Programa de formación para as familias

O Concello de Pontecesures forma parte dun Programa de "Prevención das drogodependencias e outras condutas aditivas" e o noso colexio está a participar en dito programa.

Para previr este tipo de condutas relacionadas coa promoción da saúde (alcohol, tabaco..., así como adicións ás novas tecnoloxías) é importante un traballo coordinado entre alumnado, docentes e familias.

Dada a situación actual da COVID19, non é posible a formación presencial coas familias polo que o programa é ofertado de maneira online.

Os contidos do programa son:

  • "Mais que un teito" - dirixido ás familias do alumnado de 5º e 6º de Primaria.
  • "Mais que un teito" - dirixido ás familias do alumnado de 1º a 4º da ESO.
  • "Formación para fillos/as e pais/nais en TIC" - dirixido ás familias do alumnado desde 1º de Educación Primaria a 4º da ESO.
  • "En familia todos contan" - dirixido ás familias do alumnado de toda a ESO

Podedes atopar os programas nos ficheiros adxuntos desta nova.

No mes de maio enviaremos, a través do alumnado, unha pequena enquisa de satisfacción relacionada cos contidos deste programa.

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

23 de Abril - Día do Libro

O alumnado de 1º de Educación Primaria quere compartir con todos o entusiasmo que senten cada día cando se mergullan nas historias, aventuras e andanzas que lles ofrecen os libros.

Feliz Día do Libro!

Alumnado de 1º de Primaria

Listaxe provisional de admitidos (procedemento para admisión de alumnado) CURSO 2021/2022

logo informaciónSeguindo as instrucións da Orde do 18 de decembro de 2020 na que se desenvolve o proceso de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, publicamos os datos sobre a listaxe provisional do alumnado admitido no centro:

- Todo o alumnado que solicitou a admisión no 4º curso de Educación Infantil foi admitido.

- Todo o alumnado que solicitou a admisión en Educación Primaria (1º curso) foi admitido.

- Todo o alumnado que solicitou a admisión en Educación Secundaria (1º curso) foi admitido

NOTA: Se quere facer unha comprobación individual da listaxe, e respectando o protocolo de protección de datos persoais, pode pedir información da súa solicitude no centro de ensino.

XII Concurso do día do libro - Premiados

Con motivo da celebración do Día do Libro, queremos destacar a homenaxe feita por algún dos alumnos e alumnas do noso centro

 

diploma  participante
diploma participante 
diploma  participante
diploma  participante
diploma  participante
diploma  participantes

Se clicas en leer máis poderás ver as imaxes en grande.

XII Concurso do día do libro - Participación

Queremos agradecer e felicitar a todo o alumnado participante no XII Concurso Día do Libro, que con gran traballo e adicación nos achegou a súa fotografía lucindo nela como o seu personaxe favorito.

Nos seguintes vídeos podedes ver a literatura feita realidade.

  

 

Programa gratuíto para a detección de SARS-CoV-2

cribadoDende o Sergas estase levando a cabo un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos.

Esta detección farase de xeito gratuíto na farmacia Bermúdez de Pontecesures, ou calquera outra farmacia da provincia de Pontevedra, excepto para aqueles alumnos/as, que teñan asignado un médico/pediatra na provincia da Coruña.

Na farmacia de referencia, lles informarán sobre o procedemento de toma mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida 

No caso dos menores de 16 anos, as familias terán que firmar un consentimento informado proporcionado pola farmacia, non sendo necesario para os maiores de 16 anos.

Enquisa de diagnose da convivencia 2021

enquisaDende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade invítannos a participar na “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” a toda a comunidade educativa.

Esta enquisa ten a finalidade de coñecer o estado da convivencia do centro educativo.

A recollida de datos faise de xeito automatizado e totalmente anónimo, nun tempo aproximado de 10 a 15 minutos, a través da aplicación convivenciaxestion.

Cada familia cubrirá UN ÚNICO CUESTIONARIO (independentemente dos fillos/as que teña matriculados no centro) coa clave de acceso que levará impresa o alumnado. 

A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ámbolos dous días incluídos).

O equipo directivo

21 de marzo: Día da Poesía

Para conmemorar esta data, desde o EDLG propúxose a un grupo do profesorado que nos fixera unha adaptación a Lingua de Signos dun fragmento do poema máis coñecido de Rosalía de Castro. Aquí tedes o resultado deste gran traballo. 

Feliz día da Poesía a todxs!

 

Visita virtual polo CPI de Pontecesures

Relación de vacantes curso 2021/2022

logo enlace

 

Relación de vacantes iniciais para o curso 2021/2022 do CPI de Pontecesures

 Educación Infantil

 Educación Primaria

 Educación Secundaria

3 anos: 22 + 3 NEAE  

4 anos: 11

5 anos: 11

 

 

 

 

1º Primaria: 2 + 3 NEAE  

2º Primaria: 8

3º Primaria: 3

4º Primaria: 10

5º Primaria: 5

6º Primaria: 3

 

1º ESO: 22 + 3 NEAE

2º ESO: 12

3º ESO: 0

4º ESO: 7

 

 

 

O prazo de presentación de solicitudes para a preinscrición para alumnado de nova matrícula no CPI de Pontecesures para o vindeiro curso 2021/2022 será do 1  ao 22 de marzo.

Para acceder aos arquivos adxuntos e á lexislación que regula o proceso de admisión pica en leer máis.

Distribuir contido


by Dr. Radut