Skip to Content

Educación Secundaria

Despedida e Graduación de 4º da ESO

Un curso máis, cunha mestura de alegría e nostalxia, temos que despedir ao alumnado de 4º da ESO. Desexamos que leven un bo recordo do centro. Aquí lles deixamos unha pincelada do que foi a súa vida escolar ao longo destes anos.

 

 

E para poñer o peche dourado, compartimos con todos como foi a súa graduación.

Graduación 4º ESO

(pica na imaxe para acceder ao álbum)

 

Desexamos que teñades un magnífico percorrido de aquí en diante!

25 de abril, Día Internacional para a loita contra o maltrato infantil.

O obxectivo desta efeméride é visibilizar a Violencia contra a Infancia e o impacto que ten nos nenos e nenas e concienciar a sociedade sobre a necesidade da súa protección.

Grazas María por este excepcional agasallo!

cartel maltrato infantil feito por  María Rodríguez,

Cartel realizado por María Rodríguez Domínguez, 3º ESO

I Concurso de Fotografía Meditativa

Vistas das torres da igrexa

O venres, 10 de febreiro de 2023 celebramos o acto de entrega de premios do I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDITATIVA, organizado polo Equipo de Convivencia do centro.

O xurado aproveitou para dar parabéns a todas as participantes, pola calidade dos seus traballos e a profundidade das reflexións que acompañaban a algunha delas e animounas a particpar en vindeiras edicións.

A fotografía gañadora leva por título: Mi pueblo inspiración e a autora é Helena Bermúdez Barreiro de 1º de ESO. Parabéns Helena! Desfruta da túa nova cámara!!!!

 

Tamén participaron e recolleron o seu agasallo e diploma de participación:

 

-Gabriela Correia Silva (1º de ESO)

-Zoe Pereiras Ríos (1º de ESO)

-Xiana Blanco Fernandes (2º de ESO)

-Verónica Freiría Caldelas (2º de ESO)

-Sara Liñares Blanco (3º de ESO)

-María Rodríguez Domínguez (3º de ESO)

-Helena García Tocino (3º de ESO)

 

 

Podes ver na presentación todas as fotografías desta edición.

 

I Concurso de Fotografía Meditativa 

Saída a Andorra

Alumnado de 3º e 4º da ESO, acompañados do profesorado, gozaron esta pasada semana do esquí en Andorra.

Agora que xa están de regreso esperamos impacientes a que nos conten todas as súas experiencias!

Se clicas na imaxe poderás ver algunhas das vistas das que puideron gozar.

Alumnado da excursión a Andorra 2023

Antes de que cuente 10 - 4º ESO

Se todavía non gozaches desta actuación do alumnado de 4º da ESO é o momento de facelo! Verás que gran traballo fixeron con esta canción de Fito!

 

Rianxeira & Jealousy - Dous cursos, dúas cancións!

O alumnado de Secundaria faino de novo! Despois de moitos ensaios, volven a deleitarnos coa súa música.

Por un lado, as alumnas e alumnos de 2º da ESO optaron por amosarnos a música máis enxebre e tradicional coa interpretación da Rianxeira. E por outra banda, escoitamos Jealousy, Jealousy (Olivia Rodrigo) da man de alumnado de 3º da ESO.

Deixámosche os vídeos a continuación para que poidas gozar destas magníficas actuacións.

 

 

 

Rojitas las orejas - 1º ESO

O alumnado de Educación Secundaria volve a sorprendernos coas súas habilidades musicais. Nesta ocasión é 1º da ESO o que nos agasalla cunha versión de "Rojitas las orejas" de Fito & Fitipaldis.

Noraboa polo traballo!

 

Xincana 2º da ESO

O alumnado de 2º da ESO participou nunha xincana organizada pola súa profesora de Historia sobre os temas traballados na aula: a fragmentación do mundo antigo e o Islam.

Ximcana de 2º ESO

(Se picas no título da noticia ou na fotografía poderás acceder ao visor do álbum) 

Rolling in the Deep

Alumnos e alumnas de 3º da ESO xunto con David, o profesor de música, prepararon esta magnífica versión do Rolling in the Deep de Adele.

Noraboa polo traballo realizado!

Agardamos que volvades a deleitarnos con outra peza en vindeiras ocasións.

 

Cualificacións ESO (Setembro)

logo abalarMobil

O luns 6 de setembro a partir das 10:00 h publicaranse, a través do abalarMobil, as cualificacións do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria que se presentou aos exames de setembro, correspondentes ao curso 2020/2021.

O prazo de reclamacións serán os días 7 e 8 de setembro, de 10:00 h a 12:00 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut