Skip to Content

Educación Secundaria

E iso da PAZ....que é?

Para entender a que nos referimos cando estamos dicindo PAZ o grupo de teatro, formado por alumnado de Educación Secundaria e dirixidos pola profesora Luísa Mª Paz, representounos unha pequena peza a todo o centro. En catro pases da mesma obra, e con toques de humor fantásticos, conseguiron que tanto o resto do alumnado como o profesorado profundizaran no extenso do termo PAZ, facéndonos reflexionar sobre as accións que no día a día poden mellorar a convivencia.

Gracias pola vosa entrega e adicación!

(clica na imaxe para ver a representación)

Obra de teatro sobre a PAZ

Relacións tóxicas

Hoxe o alumnado da Educación Secundaria tivo a sorte de presenciar unha obra de teatro representada polos compañeiros Saúl Blanco e Érica Barreiro. Estamos seguros de que "Relacións Tóxicas" non deixou indiferente a ninguén. Moitas grazas por achegarnos esta peza e facernos reflexionar.

 

 Obra de teatro Relacións Tóxicas

Programa XOGADE

Un novo curso o CPI de Pontecesures está inscrito no programa XOGADE. Nesta ocasión, o centro comezou as súas competicións coas carreiras de atletismo, en Portas (Pontevedra), e a participación do alumnado de 1º, 2º e 3º da

ESO.

Noraboa aos que acadaron o podio e a todas e todos os participantes. Moito ánimos para as vindeiras competicións!

 

 

alumnado no programa xogade

Saída ao Ecopark de 1º e 2º da ESO

Este luns 18 de novembro, o alumnado de 1º e 2º da ESO visitou o Ecopark de Marín para gozar dunha xornada de deportes de aventura. Escalada, tirolina, circuito de equilibrios ou futbolín humano fixeron que este fose un día para recordar!

alumnado no ecopark

Non vaias á clase

claqueta de cineO pasado curso, o alumnado de TIC e EPVA en galego de 4º da ESO, xunto co seu profesor Enrique Villanueva, fixeron unha curta: "non vaias á clase". Esta acadou o premio ao mellor guión nun festival escolar e nestes momentos está a participar no eMove Festival de ámbito estatal, competindo contra outros moitos centros.

A comunidade educativa está moi orgullosa dos logros xa acadados por esta producción pero sabemos que, coa axuda de todos, poden chegar moito máis lonxe. É por iso que precisamos todos os apoios posibles e pedimos que se faga a máxima difusión desta curta, así como a votación a través do facebook!

Deixámosvos o link para a votación.

Se queres que a nosa curta "non vaias á clase" pase á fase final do eMove festival fai click na seguinte ligazón
https://www.facebook.com/emovefestival/posts/1358173034331805?hc_location=ufi
e cando abra a nova pantalla dalle a Gústame. Non te vai levar máis tempo que o que te levou ler isto. Hai que facelo antes de que acabe xuño.
Se ademais replicas este texto aos teus amigos aumentarán as posibilidades de que cheguemos á final.

 

Precisan de ti tamén!

 

 

non vaias á clase HD SUB esp mp4 from Enrique Villanueva on Vimeo.

Sesión de Fitness

O alumnado de 3º A da ESO realizou unha sesión de fitness na Fitness Academy Graciela Viturro, de Pontecesures. Bótadelle un ollo ás imaxes e veredes que ben o pasaron nesa xornada! Estamos seguros de que lles quedaron moitas ganas de volver.

fitness na eso

Ecoparque de Marín

O alumnado de 1º e 2º da ESO visitou o Ecoparque de Marín e gozou dunha xornada deportiva na natureza. Non queda máis que ver a cara de ledicia que amosan para saber que foi unha gran experiencia.

Practicando deporte en Marín

Practicando deporte en Marín

Encontro con Eli Ríos

Os membros do club de lectura tiveron un encontro con Eli Ríos para falar da súa obra DX. Falaron de diversidade sexual, identidade de xénero, expresión do xénero, bixénero, axénero, terceiro xénero...

Tiveron tempo tamén de xogar e facer creación literaria!

Ao final da sesión, foto de grupo e firma de exemplares.

Unha mañá produtiva!

 Encontro con Eli Rios

Sesión de Fitness

O alumnado de 4º da ESO realizou dúas sesións de fitness na Fitness Academy Graciela Viturro, de Pontecesures. As imaxes non deixan lugar a dúbidas: as nosas rapazas e rapaces estiveron á altura e amosaron unhas grandes calidades para esta actividade.

fitness na eso

 

Viaxe a Andorra

Entre os días 23 e 30 de marzo, o alumnado de 4º da ESO visitou en Andorra unha das súas estacións de esquí para facer uso das súas intalacións. Alí puideron gozar tanto deste deporte de neve como de outras actividades lúdicas. Estamos seguros de que será unha experiencia difícil de esquecer!

viaxe a Andorra viaxe a Andorra

viaxe a Andorra viaxe a Andorra

 

Distribuir contido


by Dr. Radut