Skip to Content

Avisos

Axudas para o alumnado con NEAE

Aberto o prazo de solicitude de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) para o próximo curso 2024-2025.

becas neae

Como solicitala? A través de internet premendo aquí

 

Que prazo teño? Desde o 30 de abril ata o 13 de setembro.

 

Se tes algunha dúbida, podes consultar co departamento de orientación do centro.

Certame Intercentros - XXVI Edición

Un ano máis, celébrase o Certame Intercentros, que reúne aos centros educativos de Pontecesures, Valga e Catoira, para conmemorar o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión encárgase da organización do mesmo a ANPA do CPI de Pontecesures.

Deixámosvos o enlace á nova recollida no Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega "O trasno paroleiro".

Certame Intercentros

Vacacións de Semana Santa

O centro permanecerá pechado nas vacacións de Semana Santa. Recordade que voltamos ás aulas o vindeiro martes 2 de abril.

Felices festas de Pascua e bo descanso!

ovos de pascua

Convocatoria Becas MEC para o curso 2024 - 2025

becas mec 2024 - 2025

Beneficiarios: alumnado que para o vindeiro curso cursen ensinanzas de Bacherelato, Formación Profesional Básica e Formación Profesional.

Prazo de presentación de solicitudes: 19 de marzo ás 09:00 h. ata o 10 de maio ás 15:00 h.

Formas de presentación: electrónica.

Para máis información sobre a convocatoria pica aquí.

Escola de Nais e Pais

Cartel da Charla infomativa da Escola de Nais e PaisDentro das actividades propostas para a Escola de Nais e Pais organizouse, para o vindeiro luns 18 de marzo ás 20:00 h, unha charla formativa para familias que abordará a problemática do uso tecnolóxico. Nesta abordaranse temáticas de especial interese como son os diferentes riscos na rede; as medidas de prevención que, como responsables de menores, se poden tomar; as idades recomendadas así como os tempos; e o establecemento de normas de uso.

Esta charla terá lugar no Concello de Pontecesures.

 

Pode consultar máis información nos ficheiros adxuntos, onde atopará tanto o cartel da actividade como unha nota informativa.

Xornada de Portas Abertas

O CPI de Pontecesures levará a cabo a Xornada de Portas Abertas

cartel das xornadas de portas abertas

 

As familias que vaian matricular aos seus fillos en 3 anos de Educación Infantil, poden vir coñecer o noso centro, o equipo docente e a nosa forma de traballar co alumnado.

 

Descanso de Entroido

Despois de atender ás comandas do Meco, de ensaios, de nervios e de facer unha magnífica posta en escena é hora dun merecido descanso.

Nestes días toca recuperar forzas para afrontar o final de trimestre da mellor maneira posible.

Coidádevos moito e vémonos no cole o vindeiro xoves 15 de febreiro.

Bo entroido!

adornos de entroido

 

Vacacións de Nadal

Felicitación de Nadal

Voltamos ás aulas o

martes 9 de xaneiro.

Boas festas!

Curso 2023 - 2024

O luns 11  de setembro iniciamos o curso 2023 - 2024 comenzando as clases no horario de sempre, que ten establecido o centro.

 horario do centro

 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de infantil entrará e sairá polo portal de sempre, zona de administración, e nas mesmas condicións que o curso pasado. O portal abrirase ás 8:55 h e as 13:55 h, respectivamente, para facilitar as entradas e saídas ao recinto escolar.

No caso do alumnado transportado, este será vixiado polo profesorado para este fin.

 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado entrará e sairá polo portal de sempre, zona do Pino Manso, acompañado das familias. O portal abrirase ás 8:55 h e ás 14:00 h, respectivamente, para facilitar as entradas e saídas ao recinto escolar. O alumnado estará acompañado en todo momento polas súas familias mentres non toque o timbre, excepto no caso do alumnado de 5º e 6º que conte con autorización para entrar e saír sós.

No caso do alumnado transportado, este será vixiado polo profesorado para este fin.

 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

O alumnado poderá acceder ao recinto escolar a partir das 8:55 h e o martes pola tarde a partir das 16:35 h.

No caso do alumnado transportado, este será vixiado polo profesorado para este fin.

 

Para visualizar o plano de portais e portas de acceso, ver o documento adxunto. 

 

*NOTA:

Ao igual que o curso anterior o alumnado fará horario completo.

Ás 9:05h terán a presentación co profesorado titor e dende as 9:55h ata ás 14:45h terán as demais clases que se lles explicará no horario de titoría. 

Para o primeiro día terán que levar o material necesario para facer as anotacións que lles indique o profesorado.

 

  

Dámoslle a todas e todos unha afectuosa benvida.

LETRAS GALEGAS 2023: XXV Certame Literario Intercentros. Concellos de Valga, Pontecesures e Catoira

 

Francisco Fernandez del Riego

Despois de uns anos de parón, retomamos con ilusión o certame literarioIntercentros para celebrar o Día das Letras Galegas. Esta cooperación entre centros ten como finalidade exaltar a nosa lingua, fomentar a súa normalización e apoiar ó alumnado con grandes capacidades literarias para animalos a que continúen co seu desenvolvemento.

O homenaxeado das Letras Galegas 2023 é Francisco Fernández de Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010) escritor, ensaísta, intelectual, político e fundador da Editorial Galaxia 

PARTICIPANTES

Poderán participar o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria dos centros CEIP de Baño–Xanza, CPI Pontecesures, CEP Xesús Ferro Couselo e CPIProgreso.

BASES

O alumnado que teña interese en participar deberá entregar un traballo literario no seu centro. Estes poderán ser conto,poesía, narrativa,banda deseñada ou teatro.

Conto,narrativa,banda deseñada e teatro serán de temática libre cunha extensión máxima de 2 folios (4carillas).

- Poesía,de temática e métrica libre, cunha extensión máxima de 1 folio (2carillas).

Os textos serán manuscritos e integramente en galego. Deben ser orixinais, sendo excluídos aqueles que teñan fragmentos ou partes de outros textos. Indicar ó principio de cada traballo: Nome completo,curso e centro. 

CATEGORIAS AGASALLOS

Repartiranse catro premios por categoría (3º,4º,5º e 6º de primaria) que corresponderá a un por cada centro participante e categoría.

No acto farase entrega dun diploma co posto acadado,trofeo e un agasallo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut