Skip to Content

Avisos

Nota Informativa: Cualificacións ESO

 icono abalarHoxe, xoves 24 de xuño, publicaranse no abalarMóbil as cualificacións do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, ás 12:00 h.

O prazo de reclamacións serán os días 25 e 28 de xuño de 10:00 h a 13:00 h

Recordatorio - Ponte Letras Galegas

logo avisoRecordámoslle ás familias que o vindeiro venres 14 de maio o CPI de Pontecesures permanecerá pechado por ser un día non lectivo elixido polo centro.

É por iso que, a ponte das Letras Galegas, comprenderá desde o día 14 de maio (venres) ata o día 17 de maio (luns), ámbolos dous incluidos.

Voltaremos ás aulas o martes 18 de maio.

Programa gratuíto para a detección de SARS-CoV-2

cribadoDende o Sergas estase levando a cabo un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos.

Esta detección farase de xeito gratuíto na farmacia Bermúdez de Pontecesures, ou calquera outra farmacia da provincia de Pontevedra, excepto para aqueles alumnos/as, que teñan asignado un médico/pediatra na provincia da Coruña.

Na farmacia de referencia, lles informarán sobre o procedemento de toma mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida 

No caso dos menores de 16 anos, as familias terán que firmar un consentimento informado proporcionado pola farmacia, non sendo necesario para os maiores de 16 anos.

Escola de Nais e Pais. Videoconferencia con Raquel Pedrouso

cartel videoconferencia 

O vindeiro 7 de abril, de 16:00h a 18:00h, o Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (CFR) xunto coa Consellería de Educación e a colaboración de Raquel Pedrouso, ofrecerá unha conferencia virtual para as familias coa finalidade de identificar, regular e expresar os estados emocionais.

 

Se se utiliza ordenador poderase acceder á videoconferencia clicando no seguinte enlace.

 

Se se emprega un dispositivo móbil ou tableta deben descargar a aplicación de Webex no Google Play (dispositivos Android) ou na App Store (dispositivos Apple).*

* Se non sabe empregar a aplicación Webex pode visualizar este titorial 

 

Aviso de apertura da biblioteca

logo covid NOTA INFORMATIVA:

Dada mellora da situación epidemiolóxica, dende hoxe luns, 8 de marzo, reanúdase polas tardes o uso da biblioteca.

 

O Equipo Directivo

Bo Nadal e Feliz 2021

felicitación nadal

Todo o profesorado quere desexarvos unhas boas festas, cheas de saúde e felicidadeVémonos o venres 8 de Xaneiro de 2021.

Coidádevos moito

IMPORTANTE: Horario de entrega de notas

logo abalarMobilA entrega dos boletíns de notas a través da aplicación abalarMóbil farase en horario diferenciado entre as etapas de Infantil/Primaria e a etapa de Secundaria para non sobrecargar a rede.  O horario de publicación é o recollido na seguinte táboa.

 horario das notas de decembro

Se non as podedes ver a partir desa hora, agardade a poder visualizalas ao longo da tarde pois seredes moitas familias accedendo á mesma aplicación. De seguir tendo problemas, comunicádeo por correo electrónico ao titor/a correspondente ou a centro (cpi.pontecesures@edu.xunta.es).

INICIO DAS CLASES

Para unha óptima organización do inicio de curso adxuntamos a seguinte táboa para consultar a relación de cursos e días nos que se incorporará o alumnado de INFANTIL E PRIMARIA ao centro.

organización do inicio de curso

IMPORTANTE: Entrega de notas

logo abalarNeste final de curso faremos a entrega dos boletíns de notas a través da aplicación abalarMóbil, onde teredes que seleccionar a avaliación ordinaria. As datas e hora de publicación son as recollidas na seguinte táboa.

Se non as podedes ver a partir desa hora, agardade a poder visualizalas ao longo da tarde pois seredes moitas familias accedendo á mesma aplicación. De seguir tendo problemas, comunicádeo por correo electrónico ao titor/a correspondente.

entrega notas ESO

Acceso ás programacións adaptadas

documentaciónComo se recolle nas Instrucións do 27 de abril de 2020, o equipo docente do CPI de Pontecesures adaptou as súas programacións didácticas á situación actual xerada polo Estado de Alarma a causa do Covid-19. Pode atopalas nesta páxina web, no apartado Centro >> Secretaría >> Documentos do centro, que se atopa no lateral esquerdo desta mesma páxina.

Distribuir contido


by Dr. Radut