Skip to Content

Avisos

REPARTO DE MATERIAL (libros de texto - ordenadores)

material escolarAVISO ÁS FAMILIAS

A próxima semana, de luns 27 a mércores 29 de abril ao longo da mañá, coa colaboración do Concello, levaremos aos fogares os libros de texto que quedaron nas aulas, con motivo do Estado de alarma. Tamén se fará a distribución dos ordenadores dispoñibles, conforme a información dos cuestionarios enviados polas familias, ás que damos as grazas de antemán.

Atentamente.

O equipo directivo

IMPORTANTE: Aviso ás familias.

Boletín de notas

logo documentación1º O venres 3 de abril, a partir das 15:00h, poderedes consultar os boletíns de notas nos correos que facilitástedes ao profesorado ou na app Abalar Móbil

As familias que esteades interesadas en velas notas a través do Abalar Móbil deberedes descargar dita aplicación (no Google Play ou na App Store). Picade aquí para ver como se fai.

Se atopades problemas coa entrega do boletín de notas ou co Abalar Móbil, enviáde un correo a cpi.pontecesures@edu.xunta.es, indicando o nome e apelidos da/do nai/pai, titor/titora, número de teléfono (móbil), nome do/da alumno/alumna e a incidencia que motivou o correo.

Moita forza e ánimo

O equipo directivo

 

Suspensión da actividade lectiva

Sinal advertencia

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA

Conforme á nota de prensa publicada no día de hoxe, mañá venres 13 de marzo, non será obrigatorio acudir ás clases e, a partir do luns 16 de marzo, queda suspendida a actividade lectiva durante 15 días.

Para calquera información pregámoslles consulten as novas que se publiquen nesta páxina web.

Toca descansar!

morcegos voando coa mensaxe pechado por descanso

 

E despois das celebracións chega o momento dun merecido descanso.

Recordade que o xoves 31 de outubro e o venres 1 de novembro o centro permanecerá pechado.

 Voltamos ás aulas o vindeiro luns 4 de novembro!

 

Vacacións de Nadal

 

felicitación de nadal

Despois dun merecido descanso,

voltamos ás aulas o martes 8 de xaneiro do 2019!

Distribuir contido


by Dr. Radut