Skip to Content

Avisos

LETRAS GALEGAS 2023: XXV Certame Literario Intercentros. Concellos de Valga, Pontecesures e Catoira

 

Francisco Fernandez del Riego

Despois de uns anos de parón, retomamos con ilusión o certame literarioIntercentros para celebrar o Día das Letras Galegas. Esta cooperación entre centros ten como finalidade exaltar a nosa lingua, fomentar a súa normalización e apoiar ó alumnado con grandes capacidades literarias para animalos a que continúen co seu desenvolvemento.

O homenaxeado das Letras Galegas 2023 é Francisco Fernández de Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010) escritor, ensaísta, intelectual, político e fundador da Editorial Galaxia 

PARTICIPANTES

Poderán participar o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria dos centros CEIP de Baño–Xanza, CPI Pontecesures, CEP Xesús Ferro Couselo e CPIProgreso.

BASES

O alumnado que teña interese en participar deberá entregar un traballo literario no seu centro. Estes poderán ser conto,poesía, narrativa,banda deseñada ou teatro.

Conto,narrativa,banda deseñada e teatro serán de temática libre cunha extensión máxima de 2 folios (4carillas).

- Poesía,de temática e métrica libre, cunha extensión máxima de 1 folio (2carillas).

Os textos serán manuscritos e integramente en galego. Deben ser orixinais, sendo excluídos aqueles que teñan fragmentos ou partes de outros textos. Indicar ó principio de cada traballo: Nome completo,curso e centro. 

CATEGORIAS AGASALLOS

Repartiranse catro premios por categoría (3º,4º,5º e 6º de primaria) que corresponderá a un por cada centro participante e categoría.

No acto farase entrega dun diploma co posto acadado,trofeo e un agasallo. 

Celebración do Entroido polas Rúas de Pontecesures

banner entroido  

1. O venres 17 de febreiro, o alumnado do CPI de Pontecesures desfilará a modo de comparsa polas rúas de Pontecesures e realizará unha pequena actuación na Plazuela.

2. Itinerario e acto na Plazuela:

    a) Sairemos ás 12:00h polo portal 3 do CPI de Pontecesures, zona Pino Manso.

    b) Baixaremos por diante do Centro de Saúde e Comercial Moncho.

    c) Cruzaremos a nacional 550 polo paso de peóns.

    d) Seguiremos pola Rúa C. Ullán.

    e) Xiraremos á dereita pola Rúa Nova e Rúa Portarrajoy ata a Plazuela.

    f) Actuación na Plazuela do alumnado do centro.

    g) Ao finalizar, subiremos pola Rúa Miguéns Parrado ata o colexio.

3. Todo o alumnado será acompañado polo profesorado do centro e contaremos co apoio do Concello con axentes da Policía Local.

4. As familias poderán situarse ao longo do itinerario para ver o desfile e para presenciar a actuación. Ubicaranse na praza da igrexa e no espazo que alí se estableza.

5. Mapa do recorrido.

recorrido desfile do entroido

 

Bo Nadal e Feliz 2023

 Felicitación Nadal

 Vémonos nas aulas o vindeiro 9 de xaneiro,

despois dunhas merecidas vacacións.

Felices Festas!

NOTA INFORMATIVA: Eleccións ao Consello Escolar

logo votacións1. Próximamente realizarase neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR.

2. O vernes 28 ás 11:35 farase o sorteo para constituir a xunta electoral que ten como obxectivo a organización e supervisión do procedemento de elección. 

3. A xunta estará integrada por: 

  • O director do centro.
  • Unha profesora ou profesor.
  • Unha nai ou pai ou titora/or legal.
  • Unha alumna ou alumno.
  • Unha representante ou representante do persoal de administración e servizos. 

4 Polo tanto o venres 28 chamarase ás familias resultantes do sorteo.

5. Toda a información relativa a este proceso, iráselles comunicando a través de abalarMóbil , na páxina web e no taboleiro de anuncios do centro.

 

A dirección do centro.

Volta Ciclista a Galicia en Pontecesures (Xoves 15 de setembro)

AVISO IMPORTANTE

percorrido volta ciclista

1. O próximo xoves 15 de setembro, entre as 14:00 h e as 14:30 h, pasará preto do CPI de Pontecesures, a Volta Ciclista a Galicia.

2. O percorrido que está marcado en vermello, será o que fagan os ciclistas. Baixarán pola carretera da Estrada (PO 214) e no cruce, preto de Comercial Moncho, dirixiranse a Vilagarcía, a través da N550.

3. Como coinciden os tempos de saída do alumnado de infantil e primaria (14:05 h) cos tempos do percorrido da Volta Ciclista preto do centro (14.00 h-14:30 h), para evitar demoras e dificultades nos accesos, todo o alumnado de infantil e primaria incluido o transporte escolar destas etapas, sairá o xoves 15 ás 13:30 h.

4. Ditos tempos non lles afectará ao alumnado de ESO nin ao seu horario de transporte escolar, polo que sairá á hora de sempre ás 14:45.

 

Agradecemos de antemán a colaboración.

O Equipo Directivo.

Nota Informativa. Avaliación Educación Primaria e Educación Secundaria

Conforme a Orde do 25 de xaneiro pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria (Dog 11-02-2022) publicamos un resumo coas principais novidades da avaliación tanto en Primaria como na ESO. Pode atopalo no arquivo adxunto.

especificación da barra lateral esquerda

 Na barra lateral esqueda desta páxina web (no bloque chamado O centro) poderás consultar no apartado Programacións a modificación das programacións didácticas de ESO no ámbito da avaliación e no apartado Documentos do centro a concreción curricular.

Escola de Pais - Programa de Prevención de Condutas Aditivas

adultos hablandoO Concello de Pontecesures, dentro da Escola de Pais, organiza dúas charlas de cara a prevención de condutas aditivas, continuando e complementado a información que se da no colexio.

As datas de celebración destas charlas son o vindeiro mércores 8 de xuño e o mércores 15 de xuño, ámbalas dúas ás 20:00 no Concello de Pontecesures.

Se está interesado e precisa máis información pode consultar nos documentos adxuntos o cartel da actividade así como a carta informativa.

Bolsas de estudo de carácter xeral - Curso 2022/2023

logo documentaciónAs bolsas de estudo de carácter xeral están dirixidas ao alumnado de Bacharelato, Formación Profesional de Grao Básico (FPB),  Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación.

Para máis información acceda á seguinte ligazón.

NOTA: A convocatoria de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) publicarase despois da convotatoria xeral, a partir do mes de maio.

Máscara no exterior

logo covidEn relación ao uso da máscara no exterior, o venres 18 saíu unha resolución da Consellería de Sanidade e Educación que dí, que xa non se recomenda o uso de máscaras ao aire libre nos centros educativos. Para facilitar o proceso nos interiores do centro establécese que:

1. Nas entradas aos edificios a leven posta coma sempre antes do comezo das clases.

2. Nos recreos o alumnado de infantil, primaria e ESO poderán estar sen a máscara. No caso de infantil e primaria a quitarán e colocarán na aula e na ESO farano fóra do edificio.

3. Nas saídas dos edificios poderán sacalas excepto cando vaian no transporte.

Se algunha familia, pola razón que sexa, prefire que o seu fillo/a manteña a máscara no exterior, comuníqueo ao profesorado titor. Esta medida comezará a aplicarse a partir do martes 22 inclusive.

 

Pode consultar o comunicado conxunto da Consellería de Sanidade e Educación no ficheiro adxunto.

Nota informativa - COVID

logo covidA Consellería de Sanidade publicou, neste mes, dous documentos de interese para a Comunidade Educativa:

1. Unha nova edición do Protocolo de Vixilancia e Control Epidemiolóxico fronte ao virus SARS-CoV-2 (COVID-19) no ámbito educativo non universitario de Galicia.

2. Protocolo para a detección de infección polo SARS-CoV2 con test rápido de antíxeno en saliva en centros de Educación Primaria.

 

Como axuda, para realizar o tes de antíxeno, poden visualizar o procedemento clicando no seguinte enlace, pero para un uso correcto sigan principalmente os puntos 4.3, 4.4 e 4.5 das instrucións do protocolo anterior.

 

Adxuntamos nesta nova os documentos descritos anteriormente.

Distribuir contido


by Dr. Radut