Skip to Content

Fai viral a POESÍA!

Neste curso, o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega quixo ofrecernos un abano máis amplo para este reto que está a ser xa unha celebración clave no noso centro.

Díptico Fai viral a POESÍA

Podes descargar o díptico no documento adxunto.

Programa Xogade no CPI Progreso

O pasado 29 de febreiro, o alumnado achegouse ao CPI Progreso de Catoira para practicar varios deportes colectivos. Este programa da Consellería ten como finalidade principal a organización de actividades físico-deportivas entre distintos centros. O programa quere promocionar a saúde, a convivencia, o esforzo e o divertimento que, como se pode ver nas fotografías, foi un obxectivo acadado tanto polo noso alumnado de 6º de E.P. como polos seus compañeiros de Catoira.

Xogade en Catoira

Relación de vacantes curso 2024/2025

 

Relación de vacantes iniciais para o curso 2024/2025 do CPI de Pontecesures

 

 

EDUC. INFANTIL

 

 

4º EI (3 anos): 17 + 3 NEAE 

5º EI (4 anos): 12 

6º EI (5 anos): 8 

 

 

EDUC. PRIMARIA

 

 

1º Primaria: 10 + 3 NEAE 

2º Primaria: 4 

3º Primaria: 5 

4º Primaria: 0 

5º Primaria: 2 

6º Primaria: 1 

 

 

EDUC. SECUNDARIA

 

1º ESO: 10 + 3 NEAE 

2º ESO: 11 

3º ESO: 7 

4º ESO: 0 

O prazo de presentación de solicitudes para a preinscrición para alumnado de nova matrícula no CPI de Pontecesures para o vindeiro curso 2024/2025 será do 1  ao 20 de marzo.


A publicación de listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido realizarase o 25 de abril.

A publicación de listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido realizarase o 15 de maio.

O prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e educación primaria será do 20 ao 30 de xuño.

 

Para acceder aos arquivos adxuntos e á lexislación que regula o proceso de admisión pica en leer máis.

 

Día de Rosalía

Rosalía de CastroAo longo da semana, o alumnado estivo a traballar a figura de Rosalía para, finalmente, o venres 23 de febreiro celebrar o seu día.

Todas as etapas educativas do centro quixeron recordar neste día a súa vida e obra, recollendo no traballo realizado as verbas máis destacadas desta gran poetisa.

Se entras no blog do Trasno Paroleiro poderás ver as múltiples actividades que se realizaron ao redor da figura desta escritora tan importante.

Retazos de entroido!

Se queres lembrar como foi o noso entroido, visita os blogs do Trasno Paroleiro e Cóxegas. Alí terás un montón de fotos nos que poidas atoparte. Búscate!

Xornada de Portas Abertas

O CPI de Pontecesures levará a cabo a Xornada de Portas Abertas

cartel das xornadas de portas abertas

 

As familias que vaian matricular aos seus fillos en 3 anos de Educación Infantil, poden vir coñecer o noso centro, o equipo docente e a nosa forma de traballar co alumnado.

 

Descanso de Entroido

Despois de atender ás comandas do Meco, de ensaios, de nervios e de facer unha magnífica posta en escena é hora dun merecido descanso.

Nestes días toca recuperar forzas para afrontar o final de trimestre da mellor maneira posible.

Coidádevos moito e vémonos no cole o vindeiro xoves 15 de febreiro.

Bo entroido!

adornos de entroido

 

Entroido 2024: As comandas do Meco!

Comandas do meco

*Pica no documento adxunto se queres descargar a imaxe.

 

30 de xaneiro: Día da Paz

Cartel chocolatada pola pazPor segundo ano consecutivo, dende o CPI de Pontecesures, quixemos conmemorar esta data compartindo unha gran chocolata con churros. E  despois deste momento doce, que axuda a ter un mellor ánimo, tocou poñernos serios e lembrar no noso manifesto porque seguimos a celebrar esta data ano a ano. 

Podedes ver imaxes deste evento nesta nova do Trasno Paroleiro.

Agradecer á Chocolatería - churrería Las Delicias que volvera a acompañarnos este ano, ao responsable do Obradoiro de Ecopercusión que traballou co alumnado de 6º de Primaria e 2º da ESO e que amenizaron a celebración da xornada,  e tamén a todo o alumnado, profesorado e demáis persoal do centro pola súa colaboración, para que esta actividade volvera a ter tanto éxito.

Vacacións de Nadal

Felicitación de Nadal

Voltamos ás aulas o

martes 9 de xaneiro.

Boas festas!

Distribuir contido


by Dr. Radut