Skip to Content

Proxectos

Concentración contra a violencia machista

alumnado gardando minuto de silencio

 

Dende o CPI de Pontecesures queremos mostrar a nosa repulsa aos actos de violencia machista que provocaron un suceso tan terrible no concello veciño de Valga.

É por iso que alumnado, profesorado e resto da comunidade educativa quixemos gardar un minuto de silencio para expresar o noso apoio á familia das vítimas.

 

Competición de Acrosport

O acrosport volveu ao centro neste curso académico da man de 6º de Educación Primaria e da Educación Secundaria. Cada grupo procurou facer as súas figuras o mellor posible, superándose en cada momento. A competición estivo moi disputada pero o alumnado gozou sanamente desta xornada deportiva. Gracias a todo ese alumnado polo seu esforzo e compromiso co deporte.

alumnado facendo acrosport

Formación en RCP (Reanimación CardioPulmonar)

Neste curso académico o centro estivo inmerso nunha formación transversal fundamental, non so para poñer en práctica na escola, senón para o día a día de todo o alumnado e profesorado. Belén, unha enfermeira da UCI no CHUS (e nai de dous alumnos do centro) tivo a xenerosidade de formar a todo o centro nas técnicas básicas de Reanimación CardioPulmonar (RCP). Así, todo o alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e o claustro de profesorado puideron experimentar e interiorizar as nocións básicas para atender a unha persoa que sufra unha parada cardiorespiratoria que non estea relacionada cun accidente.

Desde o centro queremos agradecer a participación, e paciencia, de Belén e a implicación de todo o alumnado e profesorado.

alumnado practicando a rcp

Non vaias á clase

claqueta de cineO pasado curso, o alumnado de TIC e EPVA en galego de 4º da ESO, xunto co seu profesor Enrique Villanueva, fixeron unha curta: "non vaias á clase". Esta acadou o premio ao mellor guión nun festival escolar e nestes momentos está a participar no eMove Festival de ámbito estatal, competindo contra outros moitos centros.

A comunidade educativa está moi orgullosa dos logros xa acadados por esta producción pero sabemos que, coa axuda de todos, poden chegar moito máis lonxe. É por iso que precisamos todos os apoios posibles e pedimos que se faga a máxima difusión desta curta, así como a votación a través do facebook!

Deixámosvos o link para a votación.

Se queres que a nosa curta "non vaias á clase" pase á fase final do eMove festival fai click na seguinte ligazón
https://www.facebook.com/emovefestival/posts/1358173034331805?hc_location=ufi
e cando abra a nova pantalla dalle a Gústame. Non te vai levar máis tempo que o que te levou ler isto. Hai que facelo antes de que acabe xuño.
Se ademais replicas este texto aos teus amigos aumentarán as posibilidades de que cheguemos á final.

 

Precisan de ti tamén!

 

 

non vaias á clase HD SUB esp mp4 from Enrique Villanueva on Vimeo.

Easter Eggs

A sección bilingüe de 1º e 2º de Educación Primaria celebrou nestes días o Easter Eggs, unha forma diferente (e saborosa) de conmemorar a nosa afamada Pascua. Estamos seguros de que o alumnado gozou enormemente con esta actividade. A nós so nos queda desexarlles:

Happy Easter e bo proveito!

Novo graffiti no centro

 

Á volta das vacacións de Nadal atopamos un novo graffiti no centro no que poder sumerxirnos nas horas de lecer. Algas, percebes ou lampreas acompañarannos neste ano. Se queres saber máis sobre este acontecemento pica na imaxe.

 

mural do mar no CPI de Pontecesures

Despedida do curso 2017-2018

O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias agradece  aos profesores de Educación Física do Centro, aos compoñentes do xurado e aos acróbatas,  o  bonito espéctaculo de ACROSPORT que nos ofreceron para despedir o curso 2017/2018.

 

 

FELICES VACACIÓNS!

O TREN DA LINGUA

TRABALLO REALIZADO POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, NO QUE PARTICIPOU TODO O CENTRO.

ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES

http://www.youtube.com/watch?v=dQJowxpVb-4

Distribuir contido


by Dr. Radut